18 junio 2019

5º EXPERIMENTA COA ENERXÍA


Aproveitando que, na materia de NATURAIS, o alumnado estudou a enerxía, propúxose a elaboración de Circuitos eléctricos para reflexionar como a enerxía se transforma e presenta en distintas formas: química, eléctrica, luminosa, cinética, calorífica... 
Con todos fixemos unha Exposición, no recibidor, para que o resto do alumnado do colexio, poidese probar o funcionamento dos mesmos.

A partir dunha pila, cables, bombillas e interruptores construíronse distintos circuitos, baixo distintas presentacións (faros, muíños, estradas con semáforos...) feitos ademais con materiais de refugallo (cartóns, plásticos, papeis e teas de diversos tipos, trozos de madeira...). Resultou ser unha experiencia positiva e todos e todas apuntáronse a repetir para o ano que vén.



31 mayo 2019

5º VISITOU UN MUSEO CIENTÍFICO


Un completo Museo Científico instalouse na Biblioteca do colexio e o alumnado de 5º foi visitalo.
 A experiencia resultou moi interesante:

 Logo quixemos lembrar o experimento científico que máis nos impactou polo que o escribimos nunha ficha:
 

29 mayo 2019

O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR

E o Alumnado de Curso comprobouno moi ben na marabillosa saída que fixemos a:

* Lonxa de Cesantes: onde vestidos de divertidos choquiños fixemos unha poxa ficticia para aprender como se fai para subastar o peixe na realidade:
* Mercado de Redondela, onde percorremos os distintos postos e aprendemos moitas cousas sobre os peixes que alí se estaban a vender.

* Porto de Cesantes: Onde un mariñeiro, o patrón de Nolosé, explicounos como faenaba cada día na pesca de baixura e con que artes se capturaba o choco:

*Praia de Cesantes: Onde aprendemos a mariscar ameixas e longueiróns:

 *Merenda Mariñeira:

*Despedida con entrega de diplomas e outros materiais:

28 mayo 2019

INVESTIGANDO EN 5º CURSO

Como sabedes o Proxecto da Biblioteca xira arredor da Alimentación e da Cociña. 
Por iso, estivemos investigando para respostar a 21 preguntas que nos propuxo a nosa titora.
Con todas as fichas cubertas confeccionamos un libro en formato papel que agora subimos a este Blog en formato dixital. Veredes que se poden aprender moitas cousas:

05 abril 2019

SEMANA DA PRENSA EN 5º PRIMARIA

Do 11 ao 15 de marzo desenvolvemos diferentes actividades na nosa clase para conmemorar a Semana da prensa.
En primeiro lugar, un xornalista e un fotógrafo do Faro de Vigo déronnos unha charla sobre a historia do seu periódico e de como se elabora, convidándonos a participar no Faro da Escola.


Logo, nós, elaboramos un resume coa información máis importante. Tamén escollemos unha noticia deste xornal, relacionada coa alimentación, o tema do Proxecto da nosa Biblioteca, para logo facer outro resume.
Este é o resultado do noso traballo