03 diciembre 2014

As aventuras da caixa de cartón

Aqui vos deixo este fermosísimo vídeo das aventuras da caixa de cartón. Sírvenos para facer unha boa reflexión sobre o momento actual  que estamos a vivir e nos xoguetes que en realidade necesitamos.




INCAPACIDADES - CAPACIDADES

É CUESTIÓN DE ACTITUDE
FÍXATE NESTE CORTO, QUE LLE SUCEDE AO PROTAGONISTA?

TIPOS DE DISCAPACIDADE
APRENDE


Traballamos os deportes paralímpicos.

25 noviembre 2014

SEMINARIO DE DOCTORAS E DOCTORES NA AULA DE 5º DE ED. PRIMARIA

Aquí están "@s doctoras e doctores" que asisten a un "Seminario" na aula de 5º
para traballar as distintas partes do corpo.

24 noviembre 2014

25 de novembro: CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 ¡NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO!
MALTRATAR: Tratar mal unha persoa, un animal ou unha cousa. Neste caso, falemos das persoas que temos ao noso arredor.
Cando pelexamos e nos pegamos, facémonos dano. Pero ás veces tamén facemos dano cando facemos burla doutra persoa, cando utilizamos o insulto, cando non deixamos que outro neno ou nena xogue no noso equipo, e cando permitimos que unha compañeira ou un compañeiro sufra en soidade.
¿Nalgún momento sufriches nalgunha destas situacións? ¿Nalgún momento provocaches algo parecido?
Hoxe celébrase o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero
¿QUE É A VIOLENCIA DE XÉNERO?
Trátase dunha violencia que afecta ás mulleres polo mesmo feito de selo.
Constitúe un atentado contra a integridade, a dignidade e a liberdade das mulleres, independentemente do ámbito no que se produza.
Hoxe presentámosvos unha selección de vídeos que nos poden servir para debater nas aulas. Un adianto para o luns. 






Os nenos e nenas de sexto facemos STOP á violencia de xénero cantando.


23 noviembre 2014

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 25 de novembro 
DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO 
O día 25 de novembro foi elixido como data internacional da loita contra a violencia á muller en homenaxe as irmás Mirabal, que morreron asasinadas nas mans do réxime dominicano de Trujillo en 1960. A memoria destas tres irmás, que deron as súas vidas pola causa da muller énchenos de forza para seguir loitando por unha sociedade igualitaria. 
A educación ten un papel importante nesta “loita”, sendo necesario para todos, incluídos os nenos e nenas, coñecer os dereitos que nos asisten, tales como:
TODAS AS PERSOAS TEÑEN DEREITO
– A vivir unha vida libre de abuso de poder.
– A contalo, cando sexan vítimas de violencia ou abusos.
– A buscar apoio e pedir axuda.
– A levar unha vida digna, libre de vexacións de compañeiras, compañeiros ou adultos.
 NINGUÉN TEN DEREITO
Non á Violencia de Xénero– A agredir outras persoas, nin física, nin psicoloxicamente.
– A forzar a ningún compañeiro ou compañeira a facer algo que non quere.
– A violentar ou tocar o corpo doutra persoa para o seu beneficio persoal. 


Para entender e traballar o tema, nada mellor que a elaboración dun  GLOSARIO DE TERMOS que vos presentamos e por último o MANIFIESTO ANTIVIOLENCIA DE XÉNERO.


 Música "Salir corriendo" (Amaral do CEIP ISAAC PERAL

13 noviembre 2014

ILLA DO LIXO

Sabedes que agora hai una Exposición na Fundación Barrié chamada

Out to Sea? El proyecto de los residuos de plástico

Enormes cantidades de plástico chegan aos nosos mares todos os días, e paseniño se van transformando nunha sopa de plástico, con graves consecuencias para a nosa saúde. Cada ano, máis de 6,4 toneladas de residuos plásticos chegan aos océanos…
O proxecto www.PlasticGarbageProject.org denúnciao, e a exposición Out to Sea? O proxecto dos residuos de plástico amósao ao público nunha exposición creada polo MuseumfürGestaltungZürich en asociación coa Drosos Foundation,que a Fundación Barrié trae a España por primeira veze que se presenta en Vigo.
Out to Sea? O proxecto dos residuos de plástico estará aberta ao público entre o13 de novembro de 2014 e o 1 de marzo de 2015, en Vigo (sede Fundación: Policarpo Sanz, 31)
O núcleo da exposición é unha instalación de residuos de plástico que aboian procedentes de distintos océanos, pero sobre todo de Hawai, que un gran contedor trasladou ao peirao de Vigo desde o norte de Europa. 
Estes obxectos permiten ao espectador rastrexar as orixes, o ciclo vital, o sentido e a insensatez dos produtos plásticos.
http://www.fundacionbarrie.org/gl/actividades/exposicions/exposicions-temporais
Deixovos un vídeo
http://vimeo.com/36586523
 

MAGOSTO 2014, OS NOSOS XOGOS

Ademais dos xogos tamén nos xuntamos para comer castañas e...
                             Visita a páxina web do Colexio, e a Galería para ver as fotos                                                                            

12 noviembre 2014

MAGOSTO A MAGOSTO, CHEGAMOS A 6º

Coma sempre, xuntámonos para comer as castañas, pero o que máis nos gustou foi acompañar aos nenos de 3 anos.


11 noviembre 2014

Escola do Faro

Hoxe saímos no Faro de Vigo coas nosas 
"CABAZAS CON ARTE"
Grazas ás familias pola vosa colaboración e implicación nesta celebración.
 
http://www.farodevigo.es/suscriptor/escola-do-faro/
 

10 noviembre 2014

Chegou o outono e mais o magosto!


Coma o outono entrou de cheo imos traballar arreo tódalas actividades de esta preciosa estación do ano pero irémolo facendo pouco a pouco porque hoxe tócanos traballar o magosto.
Déixovos este interesante LIM onde poderedes facer actividades e aprender máis cousas sobre o outono.

http://centros.edu.xunta.es/ceip.manuel.fraga/unidades/outono/outono.html



Chegou o magosto


Castaña a Castaña

CASTAÑA A CASTAÑA A VER QUEN AS APAÑA
MAGOSTO 2014
o vindeiro 12 de novembro celebraremos o Magosto no colexio!!!!!
Recursos para divertírse e aprender masi!!!

http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1389607831/contido/magosto/Indice.htm
 
http://centros.edu.xunta.es/ceipopombal/wesquest/curso_09_10/magosto/introducion.htm

https://dl.dropboxusercontent.com/u/14722558/MAGOSTO/magosto.html


07 noviembre 2014

06 noviembre 2014

VISITAMOS AOS ALUMNOS DE 3 ANOS

O día 5 de Novembro, visitamos aos nenos de 3 anos. Coñecémonos e lémoslles un conto.
                          

CONSTRÚE O TEU PROPIO BARCO


05 noviembre 2014



Ola son María a profe de sexto e anque tarde aquí estou, déixovos este xogo da película do Apóstolo e a partires de agora imos divertirnos moito con tódalas cousas que vaiamos vendo no blog.





04 noviembre 2014

"TROMPOS AO CAMIÑO" - 2014-

Dentro duns días comezaremos a celebrar o Torneo de Trompo. Este curso ademáis de xogar toca ser árbitros.


Lembra a HISTORIA DO TROMPO





Le con atención o manifesto que nos propoñen este curso dende BRINQUEDIA






ANÍMATE A PARTICIPAR NA IV MOSTRA MUNDIAL  DE PEONZAS DECORADAS.
PINTA O TEU TROMPO E TRÁEO AO COLEXIO.
PREME NA IMAXE PARA SABER MÁIS

 Fíxate no neno da cerámica. Practica para conseguir que o teu trompo baile na túa man
"XOGANDO AO TROMPO"
NORBERTO LUÍS OROPESA BURGUEÑO
U

03 noviembre 2014

Xose Couñago

Hoxe tivemos a visita de Xosé Couñago

Contounos moitas lendas da nosa parroquia.
Aquí atoparedes mais información das súas investigacións

PATRIMONIO REDONDELA
 
http://montepenide.wordpress.com/

PATRIMONIO DE VIGO

http://xosecounhago.com/

02 noviembre 2014

NOTICIAS

Como sabedes somos @s encargad@s de facer as noticias do cole

Por iso temos que ter en conta as seguintes normas:
- Escribir con bolígrafo azul escuro ou negro.
- O título da noticia terá que ir en maiúsculas.
- Encadrar a noticia na súa data correspondente.
- Os nosos nomes deberán ir na parte inferior dereita.


Exemplo de noticia:  

https://drive.google.com/file/d/0BwwTqdGFUgUfUlliaXlvNEtDc00/view?usp=sharing



Os ecosistemas e curiosidades do mundo animal

Diversas actividades para coñecer os distintos ecosistemas

Actividade sobre CURIOSIDADES DO MUNDO ANIMAL

https://dl.dropboxusercontent.com/u/6077771/BRINCALETRAS/animais/index.html

ECOSISTEMAS 1
http://www.caloto.es/ecosistemas/index_eco.html

ECOSISTEMA2
http://engalego.es/curso/lim/ecosistemas1/ecosistemas.html

ECOSISTEMA 3
http://www.clarionweb.es/6_curso/jclic6/c_medio/tema7/cm607.htm

29 octubre 2014

As nosas cabazas de 5º de Ed. Primaria

Estas son as nosas cabazas de 5º
Esperamos que vos gusten!!!
Grazas ás familias pola vosa colaboración e complicidade.


27 octubre 2014

TEMPO DE SAMAÍN 2014


DESCUBRE CON NERA "A FESTA DO SAMAÍN



O CEIP MANUEL FRAGA DE CARIÑO PROPONNOS ESTE XOGO

http://centros.edu.xunta.es/ceip.manuel.fraga/unidades/samain/xogosamain.html

DENDE O CEIP A PEDRA DE BUEU CHEGA ESTE XOGO DE CONXUROS

http://chiscos.net/almacen/lim/samai_n4/lim.swf?libro=samai_n.lim
DANZA MACABRA CAMILLE SAINT - SÄENS


VISITA A PÁXINA WEB DO NOSO COLEXIO

23 octubre 2014

Mais ANIMAIS

 2ª PARTE:
CLASIFICACIÓN DOS ANIMAIS E OS REINOS AOS QUE PERTENECEN.

Espero que aprendades moito!!!!

15 octubre 2014

12 octubre 2014


Para traballar o ritmo poético empregaremos este poema do libro: 
Honorato, o rato namorado


Poema
Antonio García Teijeiro. 
Espero que vos guste!

16 septiembre 2014

Benvid@s a este novo Curso 2014-2015




Especialmente aos nen@s de 5º de Ed. Primaria 
que agora sodes Aula Abalar!!!!
Aquí iremos relatando os nosos pasos deste curso.

31 mayo 2014

GAÑADORES DO CONCURSO DE CIENCIAS XULIO VERNE DO CONCELLO DE REDONDELA!!!

O ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA DO CEIP PORTO CABEIRO RESULTOU GAÑADOR DO 1º E 2º PREMIO DO CONCURSO XULIO VERNE CONVOCADO POLO EXCMO. CONCELLO DE REDONDELA, NO APARTADO DE CIENCIAS. OS TRABALLOS PRESENTADOS FORON GRUPAIS, CON 5 E 4 MEMBROS CADA UN, E CONSISTIRON EN MAQUETAS CONSTRUIDAS PARA EXPLICAR COMO FUNCIONA UN CIRCUÍTO ELÉCTRICO. O VIDEO EXPLICATIVO A CONTINUACIÓN:

11 mayo 2014

LETRAS GALEGAS, XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO

Este curso na Semana das Letras Galegas coñecemos a Díaz Castro.
Recursos para traballar:
                         * Dende o Blog de Normalización.
                         * Dende a Páxina Web

Destacamos o poema "Penélope"

06 mayo 2014

ACROSPORT NA CLASE DE E. FÍSICA

DESCUBRIMOS QUE É?
ACROBACIAS, MÚSICA, TORRES HUMANAS...
Acrosport

                                       ANDRÉS SAAVEDRA, maestro de E.F., CEIP Sada