Aqui vos deixo este fermosísimo vídeo das aventuras da caixa de cartón. Sírvenos para facer unha boa reflexión sobre o momento actual que estamos a vivir e nos xoguetes que en realidade necesitamos.
MALTRATAR: Tratar mal unha persoa, un animal ou unha cousa. Neste caso, falemos das persoas que temos ao noso arredor.
Cando pelexamos e nos pegamos, facémonos
dano. Pero ás veces tamén facemos dano cando facemos burla doutra
persoa, cando utilizamos o insulto, cando non deixamos que outro neno ou
nena xogue no noso equipo, e cando permitimos que unha compañeira ou un
compañeiro sufra en soidade.
¿Nalgún momento sufriches nalgunha destas situacións? ¿Nalgún momento provocaches algo parecido?
Hoxe celébrase o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero
¿QUE É A VIOLENCIA DE XÉNERO?
Trátase dunha violencia que afecta ás mulleres polo mesmo feito de selo.
Constitúe un atentado contra a integridade, a dignidade e a liberdade
das mulleres, independentemente do ámbito no que se produza. Hoxe presentámosvos unha selección de vídeos que nos poden servir para debater nas aulas. Un adianto para o luns.
Os nenos e nenas de sexto facemos STOP á violencia de xénero cantando.
O
día 25 de novembro foi elixido como data internacional da loita contra a
violencia á muller en homenaxe as irmás Mirabal, que morreron
asasinadas nas mans do réxime dominicano de Trujillo en 1960. A
memoria destas tres irmás, que deron as súas vidas pola causa da muller
énchenos de forza para seguir loitando por unha sociedade igualitaria.
A
educación ten un papel importante nesta “loita”, sendo necesario para
todos, incluídos os nenos e nenas, coñecer os dereitos que nos asisten,
tales como:
TODAS AS PERSOAS TEÑEN DEREITO
– A vivir unha vida libre de abuso de poder.
– A contalo, cando sexan vítimas de violencia ou abusos.
– A buscar apoio e pedir axuda.
– A levar unha vida digna, libre de vexacións de compañeiras, compañeiros ou adultos.
NINGUÉN TEN DEREITO
– A agredir outras persoas, nin física, nin psicoloxicamente.
– A forzar a ningún compañeiro ou compañeira a facer algo que non quere.
– A violentar ou tocar o corpo doutra persoa para o seu beneficio persoal.
Para
entender e traballar o tema, nada mellor que a elaboración dun GLOSARIO
DE TERMOS que vos presentamos e por último o MANIFIESTO ANTIVIOLENCIA
DE XÉNERO.
Sabedes que agora hai una Exposición na Fundación Barrié chamada
Out to Sea? El proyecto de los residuos de plástico
Enormes cantidades de plástico chegan aos nosos mares todos os días, e
paseniño se van transformando nunha sopa de plástico, con graves
consecuencias para a nosa saúde. Cada ano, máis de 6,4 toneladas de
residuos plásticos chegan aos océanos…
O proxecto www.PlasticGarbageProject.orgdenúnciao, e a exposición Out to Sea? O proxecto dos residuos de plástico amósao ao público nunha exposición creada polo
MuseumfürGestaltungZürich en asociación coa Drosos Foundation,que a
Fundación Barrié trae a España por primeira veze que se presenta en
Vigo.
Out to Sea? O proxecto dos residuos de plástico estará aberta ao público entre o13 de novembro de 2014 e o 1 de marzo de 2015, en Vigo (sede Fundación: Policarpo Sanz, 31)
O núcleo da exposición é unha
instalación de residuos de plástico que aboian procedentes de distintos
océanos, pero sobre todo de Hawai, que un gran contedor trasladou ao peirao de Vigo desde o norte de Europa.
Estes obxectos permiten ao espectador rastrexar as orixes, o ciclo vital, o sentido e a insensatez dos produtos plásticos.
Coma o outono entrou de cheo imos traballar arreo tódalas actividades de esta preciosa estación do ano pero irémolo facendo pouco a pouco porque hoxe tócanos traballar o magosto.
Déixovos este interesante LIM onde poderedes facer actividades e aprender máis cousas sobre o outono.
O día 5 de Novembro, visitamos aos nenos de 3 anos. Coñecémonos e lémoslles un conto.
CONSTRÚE O TEU PROPIO BARCO
05 noviembre 2014
Ola son María a profe de sexto e anque tarde aquí estou, déixovos este xogo da película do Apóstolo e a partires de agora imos divertirnos moito con tódalas cousas que vaiamos vendo no blog.
Como sabedes somos @s encargad@s de facer as noticias do cole
Por iso temos que ter en conta as seguintes normas: - Escribir con bolígrafo azul escuro ou negro. - O título da noticia terá que ir en maiúsculas. - Encadrar a noticia na súa data correspondente. - Os nosos nomes deberán ir na parte inferior dereita.
O ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA DO CEIP PORTO CABEIRO RESULTOU GAÑADOR DO 1º E 2º PREMIO DO CONCURSO XULIO VERNE CONVOCADO POLO EXCMO. CONCELLO DE REDONDELA, NO APARTADO DE CIENCIAS.
OS TRABALLOS PRESENTADOS FORON GRUPAIS, CON 5 E 4 MEMBROS CADA UN, E CONSISTIRON EN MAQUETAS CONSTRUIDAS PARA EXPLICAR COMO FUNCIONA UN CIRCUÍTO ELÉCTRICO.
O VIDEO EXPLICATIVO A CONTINUACIÓN: