A asociación Érguete acudiu en dúas ocasións ao noso colexio para impartir charlas sobre a Saúde ao alumnado de 6º de Primaria,en concreto, sobre o malignas que son para o noso corpo e a nosa mente as drogas.
Que mellor resume da actividade que o realizado a través da redacción dunha alumna da clase e que sensata é a súa opinión persoal.
Para este 25 de novembro estamos preparando distintas actividades.
En 5º e 6º, miraremos esta curta sobre as irmás Mirabal e coñeceremos a súa loita contra as inxustizas e poa liberdade e, tamén, seremos quen de sensibilizarnos sobre o seu tráxico destino.
Para colaborar cunha iniciativa do Concello de Redondela, pintaremos bolboretas coas que decoraremos o noso cole e dependencias da nosa localidade.
Seguindo unha proposta da Biblioteca confeccionaremos unha fermosa flor de papel, practicando así a papiroflexia.
Tamén faremos carteis con slogans que denuncien a situación da violencia contra as mulleres no noso país.
Ao final da entrada, incorporaremos fotos destas actividades:
Agora propoñemos mirar outros vídeos para reflexionar:
* "As nenas poden"
* Canción:"En Feminino e Masculino" * Conto:"Por catro esquiniñas de nada" *Música:"Eles tamén poden"
* Denuncia: Osmicromachismos
*Denuncia: Violencia sobre as mulleres * Denuncia:Maltrato sutil
* Carta: A un maltratador *Cóntao: Hai saída á violencia de xénero
FOTOS ACTIVIDADES:
*Bolboretas de 5º e 6º
* Flores de papiroflexia de 5º
*Bolboretas de papiroflexia de 6º
* Mural colectivo de todo o alumnado do centro: "Non máis violencia de xénero",coas nosas aportacións.
Conmemoramos no nosocolexio a data do DÍA MUNDIAL DA DIABETES para visibilizar os problemas de saúde que teñen as persoas que teñen que vivir todos os días das súas vidas con estaenfermidade.
Pese a todos os pesares, referímenos ao Covid, poidemos celebrar un ano máis o Magostono noso cole, con máis medidas de seguridade, pero coa mesma ilusión. Confeccionamos cucuruchos,
miramos a pais e nais asando as castañas,
comémolas quentiñas e ben separados...
e, finalmente, fixemos varios xogos, moi entretidos.
PASÁMOLO XENIAL!!!
Agora, se queredes, propoñemos
que aprendades moitas cousas a partir desta Webquest