29 diciembre 2021

VISITA AO PARLAMENTO DE GALICIA

 Tere, a nosa compañeira de Sexto, e unha das representantes do noso colexio no Consello Municipal da Infancia e da Adolescencia de Redondela, foi unha das elixidas, por sorteo, para participar nunha visita ao Parlamento de Galicia. 

Ela contánolo coas súas palabras:

20 diciembre 2021

FELICITACIÓNS POLO NADAL

 5 E 6º ELABORAMOS POSTAIS DE NADAL IGUAL QUE O RESTO DO COLE E, LOGO, INTERCAMBIÁMOLAS, RECIBINDO DESTE XEITO TODOS E TODAS UNHA ENTRAÑABLE FELICITACIÓN DUN COMPAÑEIRO INVISIBLE DO COLE.

CONMEMORACIÓN: "DÍA DOS DEREITOS HUMANOS"

 O 10 DE DECEMBRO CELEBRAMOS O DÍA DOS DEREITOS HUMANOS. O ALUMNADO DE VALORES DE SEXTO RECOMPILOU OS MESMOS, TRINTA EN TOTAL, LÉMOLOS E FIXEMOS UN MURAL REFLECTINDO AQUELES QUE LLES PARECÍAN MÁIS IMPORTANTES A ELES. 

17 diciembre 2021

VISITA DA COCA SIMONA


O xoves, 16 de decembro, visitounos SIMONA, a COCA de REDONDELA, acompañada de Paxes Reais, para recoller as cartas nas que escribimos, en galego, os nosos desexos aos Reis Magos. 


 

A parte dos agasallos materiais pedímoslle axuda para conseguir Paz e Saúde nestes momentos especiais.  

CELEBRACIÓN DO DÍA DA DIVERSIDADE FUNCIONAL

O 3 de decembro celébrase o "DÍA DA DIVERSIDADE FUNCIONAL" e, claro está, non podiamos deixar pasar o día sen facer algún acto recordando a data no noso cole.

5º e 6º participamos nas actividades propostas a nivel de centro e, así,o alumnado buscou información, nas súas casas, sobre distintas terapias realizadas con animais para axudar á xente que ten algunha discapacidade, a partir de enlaces de Internet proporcionados polo Departamento de Orientación.

A información seleccionada foi escrita nun modelos de Ficha que se proporcionou e que debía ir acompañado por unha foto.

Con todas as fichas, completamos un Mural no recibidor do colexio que logo fomos visitar por cursos. Había una información moi variada e completa de todo tipo de terapias.


O alumnado de , en Valores, pintou e recortou unha plantilla de "ELMER", un elefante protagonista dunha morea de contos infantis, que reivindica o seu dereito a ser diferente.

 

O noso lema:

"DISTINTOS, PERO IGUAIS EN DEREITOS"

06 diciembre 2021

25 DE NOVEMBRO: DÍA CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA.


 

 Un ano máis temos que lembrarnos desta data no noso colexio, xa que seguen a darse múltiples casos de todo tipo de violencia contra as mulleres. 

 Levamos unha cifra alarmante e dolorosa de asasiñadas polos seus maridos ou ex-maridos; parellas ou ex-parellas ou por descoñecidos que nos respectan os dereitos das mulleres.


Nas clases de 5º e 6º reflexionamos sobre estes feitos e abordamos a necesidade do respecto e da igualdade. Todos xuntos, nenos e nenas, queremos un futuro sen violencia machista.

 

5º e 6º participamos nas actividades do colexio: Escribimos os nomes de mulleres asasiñadas en lazos lilas para logo colgalos da verxa do cole; plantamos pensamentos, tamén lilas no seu honor, lemos un Manifesto...

EN VALORES, DE 6º, CONFECCIONAMOS UN LAZO LILA EXPRESANDO OS NOSOS DESEXOS DENTRO DE CORAZÓNS DE AMOR...

05 diciembre 2021

DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA

 

O 20 DE NOVEMBRO CELÉBRASE O "DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA" E O ALUMNADO DE SEXTO, EN
VALORES, ESTIVO INVESTIGANDO SOBRE OS DEREITOS DA INFANCIA PARA ELABORAR UN MURAL QUE COLOCAMOS NA ENTRADA DA NOSA AULA, NO CORREDOR. ESTES SON OS DEREITOS RECOLLIDOS:

1.- A UNHA FAMILIA.

2.- A UNHA BOA EDUCACIÓN.

3.- A VIVIR SEN DISCRIMINACIÓN.

4.- A NON SUFRIR MALTRATO.

5.- A XOGAR.

6.- A CRECER EN LIBERDADE.

7.- Á SAÚDE

8.- A SER ESCOITADOS.

9.- A NON SER MANIPULADOS.

10.- A UNHA IDENTIDADE.          

28 noviembre 2021

Sujeto y predicado 3

Sujeto y predicado

Sujeto y predicado

VISITA AO CONCELLO DE REDONDELA

 

O MARTES 23 DE NOVEMBRO DE 2.021 FIXEMOS UNHA VISITA MOI INTERESANTE ÁS DEPENDENCIAS DO CONCELLO. ERA A PRIMEIRA EXCURSIÓN EN MOITO TEMPO!!!

 

NO MULTIUSOS DA XUNQUEIRA UNHA CONCELLEIRA DEUNOS INFORMACIÓN DE REDONDELA: AS PARROQUIAS, FESTAS  E CELEBRACIÓNS CULTURAIS, EDIFICIOS EMBLEMÁTICOS...

 

 


LOGO, NA SEDE DO CONCELLO, RECIBIUNOS A ALCALDESA QUE FOI SAUDANDO UN POR UN.

 


O INTERVENTOR CONTOUNOS CANTO DIÑEIRO CUSTABA O MOBILIARIO URBANO: BANCOS, PAPELEIRAS, CONTEDORES DE LIXO... E QUE TIÑA QUE PAGAR O CONCELLO PARA REPOÑELOS CANDO HABÍA ACTOS DE VANDALISMO. QUEDAMOS SORPRENDIDOS, XA QUE CO DIÑEIRO DESTINADO A ESTES ARRANXOS PODERÍANSE FACER COUSAS NOVAS. 

 

 

 

E QUEDOUNOS CLARO QUE O DIÑEIRO SAE DOS IMPOSTOS DE TODOS/AS OS QUE TRABALLAMOS, INCLUÍDOS OS PAIS E NAIS DO NOSO ALUMNADO.

 

VIÑEMOS MOI CONTENTOS CO BEN QUE NOS TRATARON E ADEMAIS DÉRONNOS UNHA BONITA BOLSA DO CONCELLO!!!

DÍA DA DIABETE

 O 14 de novembro é o Día da Diabete. Para achegarnos ao coñecemento desta enfermidade visitounos no colexio Elisa, da Asociación ANEDIA, acompañada da mascota da súa filla, Alexandra, que padece esta doenza.

5º e 6º asistimos a unha charla moi interesante na que Elisa nos explicou como o seu can "Sweet" axuda a detectar a glucemia, as súas subidas ou baixadas, e así pode axudar inmediatamente a pór remedio ao problema médico da súa filla.

Resultou ser unha actividade moi interesante da que aprendemos moito. 

DE QUE GRAN AXUDA PODEN SER OS ANIMAIS!!!

A CONTINUACIÓN PODEDES LER A NOVA QUE REDACTOU SOBRE A ACTIVIDADE E ASÍ TEREDES MÁIS INFORMACIÓN:

 
  
PARA FACER ESTA NOVA PRIMEIRO TRABALLAMOS O PROCESO PARA A SÚA REDACCIÓN E AS PARTES DE QUE DEBE CONSTAR UNHA NOVA DO XORNAL