31 mayo 2019

5º VISITOU UN MUSEO CIENTÍFICO


Un completo Museo Científico instalouse na Biblioteca do colexio e o alumnado de 5º foi visitalo.
 A experiencia resultou moi interesante:

 Logo quixemos lembrar o experimento científico que máis nos impactou polo que o escribimos nunha ficha:
 

29 mayo 2019

O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR

E o Alumnado de Curso comprobouno moi ben na marabillosa saída que fixemos a:

* Lonxa de Cesantes: onde vestidos de divertidos choquiños fixemos unha poxa ficticia para aprender como se fai para subastar o peixe na realidade:
* Mercado de Redondela, onde percorremos os distintos postos e aprendemos moitas cousas sobre os peixes que alí se estaban a vender.

* Porto de Cesantes: Onde un mariñeiro, o patrón de Nolosé, explicounos como faenaba cada día na pesca de baixura e con que artes se capturaba o choco:

*Praia de Cesantes: Onde aprendemos a mariscar ameixas e longueiróns:

 *Merenda Mariñeira:

*Despedida con entrega de diplomas e outros materiais:

28 mayo 2019

INVESTIGANDO EN 5º CURSO

Como sabedes o Proxecto da Biblioteca xira arredor da Alimentación e da Cociña. 
Por iso, estivemos investigando para respostar a 21 preguntas que nos propuxo a nosa titora.
Con todas as fichas cubertas confeccionamos un libro en formato papel que agora subimos a este Blog en formato dixital. Veredes que se poden aprender moitas cousas: