MATERIAS 5º
Buscar este blog
15 diciembre 2019
12 diciembre 2019
25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Dende hai anos, cada 25 de novembro, conmemoramos esta data para denunciar a situación que viven moitas mulleres no mundo, tamén en España.
O alumnado de 6º, en Valores, investigou sobre o significado da data, por que se celebra cada 25 de novembro e dende cando, que tipos de violencia sofren as mulleres, cales son as máis vulnerables...
Debatemos sobre os DATOS ALARMANTES proporcionados pola O.N.U.
Recompilada a información, comentámola e fixemos un MURAL que colocamos diante da porta da nosa aula:
Ademais o alumnado de 5º e 6º visinou, na Hora de Ler, curtas de cine infantil, onde se amosa a educación que dende pequenos recibimos nenos e nenas e como os roles sexistas transmitidos inflúen nas nosas condutas. Logo escribimos as conclusións, de ambas as dúas aulas, nun modelo proporcionado pola Biblioteca.
MAQUETAS PARA COÑECER O RELEVO
Na materia de Sociais, en 6º curso, estivemos estudando o Relevo e a Hidrografía de Galicia, España e Europa, ademais de conceptos básicos como que é un río e as súas partes ou que é un val, unha depresión, unha cordilleira...
Unha compañeira, Ángela, construiu varias maquetas para afondar de forma práctica nestes coñecementos:
Foi
sinxelo de facer. Sobre Mapas de Relevo representou, con plastilina de
cores: ríos, montañas, vales, depresións, penínsulas, arquipélagos e
illas... Finalmente, colocou os nomes máis significativos escritos nun
papel pegado a un anaco de escarvadentes. Este foi o resultado:
05 diciembre 2019
PROFESIÓNS DO CINE
O alumnado de 6º Curso quere mostrarvos este material de elaboración propia que leva por título: "AS PROFESIÓNS DO CINE", un Powert Point para coñecer tarefas realizadas por distintos profesionais na elaboración dunha película. Seguro que moitas delas resúltanbos moi curiosas...
Para a elaboración do traballo seguimos estes pasos:
1.- A titora recompilou 21 profesións para ser investigas.
2.- Logo, adxuntou enlaces onde buscar información en Internet.
3.- Repartimos as profesións, unha para cada alumno/a.
4.- Iniciamos a investigación, lendo todos os enlaces.
1.- A titora recompilou 21 profesións para ser investigas.
2.- Logo, adxuntou enlaces onde buscar información en Internet.
3.- Repartimos as profesións, unha para cada alumno/a.
4.- Iniciamos a investigación, lendo todos os enlaces.
5.- Seleccionamos o que nos pareceu máis importante, resumímolo e escribimos unha breve definición da profesión.
6.- Elaboramos unha diapositiva por alumno/a, tecleando o texto no ordenador e pegando unha foto relacionada co mesmo.
Contamos coa axuda da Titora e da Coordinadora Abalar.
Contamos coa axuda da Titora e da Coordinadora Abalar.
POR ÚLTIMO, IMPRIMIMOS AS DIAPOSITIVAS E COLOCAMOS UN MURAL NO CORREDOR DA NOSA AULA PARA SER VISTO POR TODOS.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)