A Real Academia Galega de Ciencias celebra dende o ano 2008 o Día da Ciencia en Galicia, co fin de divulgar a investigación e a ciencia. Ccelébrase o 8 de outubro, data que conmemora o nacemento do Pai Benito Jerónimo Feijóo Montenegro, promotor indiscutible da Ciencia nos seus primeiros momentos. Os científicos homenaxeados ata a data son Enrique Vidal Abascal, Isidro Parga Pondal, Cruz Gallastegui Unamuno, Ramón Mª Aller Ulloa, Antonio Casares Rodríguez, Frei Jerónimo Benito Feijoo Montenegro, Luís Igrexas Igrexas e Ángeles Alvariño González.