MATERIAS 5º
Buscar este blog
27 noviembre 2014
25 noviembre 2014
SEMINARIO DE DOCTORAS E DOCTORES NA AULA DE 5º DE ED. PRIMARIA
Aquí están "@s doctoras e doctores" que asisten a un "Seminario" na aula de 5º
para traballar as distintas partes do corpo.
24 noviembre 2014
25 de novembro: CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
¡NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO!
MALTRATAR: Tratar mal unha persoa, un animal ou unha cousa. Neste caso, falemos das persoas que temos ao noso arredor.
Cando pelexamos e nos pegamos, facémonos
dano. Pero ás veces tamén facemos dano cando facemos burla doutra
persoa, cando utilizamos o insulto, cando non deixamos que outro neno ou
nena xogue no noso equipo, e cando permitimos que unha compañeira ou un
compañeiro sufra en soidade.
¿Nalgún momento sufriches nalgunha destas situacións? ¿Nalgún momento provocaches algo parecido?
Hoxe celébrase o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero
¿QUE É A VIOLENCIA DE XÉNERO?
Trátase dunha violencia que afecta ás mulleres polo mesmo feito de selo.
Constitúe un atentado contra a integridade, a dignidade e a liberdade
das mulleres, independentemente do ámbito no que se produza.
Hoxe presentámosvos unha selección de vídeos que nos poden servir para debater nas aulas. Un adianto para o luns.
Hoxe presentámosvos unha selección de vídeos que nos poden servir para debater nas aulas. Un adianto para o luns.
Os nenos e nenas de sexto facemos STOP á violencia de xénero cantando.
23 noviembre 2014
DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
25 de novembro
O
día 25 de novembro foi elixido como data internacional da loita contra a
violencia á muller en homenaxe as irmás Mirabal, que morreron
asasinadas nas mans do réxime dominicano de Trujillo en 1960. A
memoria destas tres irmás, que deron as súas vidas pola causa da muller
énchenos de forza para seguir loitando por unha sociedade igualitaria.
A
educación ten un papel importante nesta “loita”, sendo necesario para
todos, incluídos os nenos e nenas, coñecer os dereitos que nos asisten,
tales como:
TODAS AS PERSOAS TEÑEN DEREITO
– A vivir unha vida libre de abuso de poder.
– A contalo, cando sexan vítimas de violencia ou abusos.
– A buscar apoio e pedir axuda.
– A levar unha vida digna, libre de vexacións de compañeiras, compañeiros ou adultos.
NINGUÉN TEN DEREITO
– A forzar a ningún compañeiro ou compañeira a facer algo que non quere.
– A violentar ou tocar o corpo doutra persoa para o seu beneficio persoal.
Para entender e traballar o tema, nada mellor que a elaboración dun GLOSARIO DE TERMOS que vos presentamos e por último o MANIFIESTO ANTIVIOLENCIA DE XÉNERO.
Música "Salir corriendo" (Amaral do CEIP ISAAC PERAL
20 noviembre 2014
13 noviembre 2014
ILLA DO LIXO
Sabedes que agora hai una Exposición na Fundación Barrié chamada
Out to Sea? El proyecto de los residuos de plástico
Enormes cantidades de plástico chegan aos nosos mares todos os días, e
paseniño se van transformando nunha sopa de plástico, con graves
consecuencias para a nosa saúde. Cada ano, máis de 6,4 toneladas de
residuos plásticos chegan aos océanos…
O proxecto www.PlasticGarbageProject.org denúnciao, e a exposición Out to Sea? O proxecto dos residuos de plástico amósao ao público nunha exposición creada polo
MuseumfürGestaltungZürich en asociación coa Drosos Foundation,que a
Fundación Barrié trae a España por primeira veze que se presenta en
Vigo.
Out to Sea? O proxecto dos residuos de plástico estará aberta ao público entre o13 de novembro de 2014 e o 1 de marzo de 2015, en Vigo (sede Fundación: Policarpo Sanz, 31)
O núcleo da exposición é unha
instalación de residuos de plástico que aboian procedentes de distintos
océanos, pero sobre todo de Hawai, que un gran contedor trasladou ao peirao de Vigo desde o norte de Europa.
Estes obxectos permiten ao espectador rastrexar as orixes, o ciclo vital, o sentido e a insensatez dos produtos plásticos.
Deixovos un vídeo
MAGOSTO 2014, OS NOSOS XOGOS
Ademais dos xogos tamén nos xuntamos para comer castañas e...
Visita a páxina web do Colexio, e a Galería para ver as fotos
12 noviembre 2014
MAGOSTO A MAGOSTO, CHEGAMOS A 6º
Coma sempre, xuntámonos para comer as castañas, pero o que máis nos gustou foi acompañar aos nenos de 3 anos.
11 noviembre 2014
Escola do Faro
Hoxe saímos no Faro de Vigo coas nosas
"CABAZAS CON ARTE"
Grazas ás familias pola vosa colaboración e implicación nesta celebración.
10 noviembre 2014
Chegou o outono e mais o magosto!
Coma o outono entrou de cheo imos traballar arreo tódalas actividades de esta preciosa estación do ano pero irémolo facendo pouco a pouco porque hoxe tócanos traballar o magosto.
Déixovos este interesante LIM onde poderedes facer actividades e aprender máis cousas sobre o outono.
Chegou o magosto
Castaña a Castaña
CASTAÑA A CASTAÑA A VER QUEN AS APAÑA
MAGOSTO 2014
o vindeiro 12 de novembro celebraremos o Magosto no colexio!!!!!
Recursos para divertírse e aprender masi!!!
09 noviembre 2014
07 noviembre 2014
NON TE ESQUEZAS, PARTICIPA NA IV MOSTRA MUNDIAL DE TROMPOS DECORADOS
Trae o luns ao colexio o teu trompo decorado.Cando o remates escolle un destos vídeos e constrúe un trompo ou unha peonza.
DIVÍRTETE!!!
DIVÍRTETE!!!
06 noviembre 2014
VISITAMOS AOS ALUMNOS DE 3 ANOS
O día 5 de Novembro, visitamos aos nenos de 3 anos. Coñecémonos e lémoslles un conto.
CONSTRÚE O TEU PROPIO BARCO
05 noviembre 2014
04 noviembre 2014
"TROMPOS AO CAMIÑO" - 2014-
Dentro duns días comezaremos a celebrar o Torneo de Trompo. Este curso ademáis de xogar toca ser árbitros.
Lembra a HISTORIA DO TROMPO
Le con atención o manifesto que nos propoñen este curso dende BRINQUEDIA
ANÍMATE A PARTICIPAR NA IV MOSTRA MUNDIAL DE PEONZAS DECORADAS.
PINTA O TEU TROMPO E TRÁEO AO COLEXIO.
PREME NA IMAXE PARA SABER MÁIS
Fíxate no neno da cerámica. Practica para conseguir que o teu trompo baile na túa man
03 noviembre 2014
Xose Couñago
Hoxe tivemos a visita de Xosé Couñago
Contounos moitas lendas da nosa parroquia.
Aquí atoparedes mais información das súas investigacións
PATRIMONIO REDONDELA
PATRIMONIO DE VIGO
02 noviembre 2014
NOTICIAS
Como sabedes somos @s encargad@s de facer as noticias do cole
Por iso temos que ter en conta as seguintes normas:
- Escribir con bolígrafo azul escuro ou negro.
- O título da noticia terá que ir en maiúsculas.
- Encadrar a noticia na súa data correspondente.
- Os nosos nomes deberán ir na parte inferior dereita.
Por iso temos que ter en conta as seguintes normas:
- Escribir con bolígrafo azul escuro ou negro.
- O título da noticia terá que ir en maiúsculas.
- Encadrar a noticia na súa data correspondente.
- Os nosos nomes deberán ir na parte inferior dereita.
Exemplo de noticia:
Os ecosistemas e curiosidades do mundo animal
Diversas actividades para coñecer os distintos ecosistemas
Actividade sobre CURIOSIDADES DO MUNDO ANIMAL
ECOSISTEMAS 1
Suscribirse a:
Entradas (Atom)