03 abril 2020

NOTAS DE SEXTO DA 2ª AVALIACIÓN

Queridos/as alumnos/as:
Espero que xa todos/as teñades as notas do 2º Trimestre. As circunstancias tan especiais que estamos atravesando fan que as coñezades deste xeito. 
Sabede que tiven en conta as notas dos exames e de todos os traballos feitos antes do cese das clases.
Estou moi contenta, como titora, dos resultados que acadáchedes globalmente. 
Moitas Felicidades aos moitísimos que aprováchedes todas. Os que non é así, hai que seguir intentándoo.
Un bico moi grande. Ogallá nos vexamos pronto! 
Mª José

PROPOSTA 5º SEMANA SANTA

Bos días:
Recordade que hoxe poderemos consultar os boletíns na aplicación ABALARMÓBIL.

Normalmente o derradeiro día do trimestre adoitamos facer unha festiña con música e algo para picar. Este trimestre, desgraciadamente, non a podemos celebrar. 
Así e todo, ocorréuseme algo que podiamos facer pensando no moito que vos boto de menos. Que vos parece se me enviades ao correo electrónico algunha foto dunha mensaxe que queirades compartir cos compañeiros e comigo? Gustaríame colgalas no blog.


Como actividades para estes días gustaríame que fixerades as actividades do repaso de mates da ud. 8

Nada máis desexarvos un feliz descanso estes días, aproveitade para ler un pouco máis do habitual e agardo os vosos debuxos. 
Recordo o meu correo iguago@gmail.com.
MOITOS BICOS

02 abril 2020

PROPOSTAS E. FÍSICA

Deixóvos tamén aquí as  propostas de  EF https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjrxX5JjQAHs5n5vBT-4l33XcMYDCcF1atYHf94p3dCi5cw4wDXMxNNtbAOiq-abiduk33FjuZT2h0NhPR9uDK2ruDuAep6sAlmq58OUg7O2h8YN2qLxqNIE61b0VirvgdzYTaD1fUK8Q/s320/tenor.gif


Dicirvos tamén que vos enviei unha mensaxe as contas de correo do colexio. 
(se non lembrades o contrasinal , enviade un correo con outra conta a alumnosabalar@gmail.com para que volo envie)

PROPOSTA TRABALLO 5º xoves 2 abril 2020

Bos días:

Desde o Departamento de Orientación me piden que vos comente que hai unha carpeta na páx. web do cole con actividades moi interesantes. Podedes botarlle un ollo.

Pola miña parte propoño estas actvidades para hoxe:
-CC.NN.: Lemos o texto e intentamos responder as preg. 1 e 2. Estaría moi ben que vos animasedes a facer os debuxos da dereita no caderno. Podemos incluir tamén o debuxo do coronavirus.

-Mates: Ficha de repaso. 
Moitos bicos

01 abril 2020

PROPOSTA TRABALLO 5º mércores 1 abril 2020

Bos días:
Aquí vos deixo a proposta de actividades para hoxe:
- L. Galega: Lembrade que xa estudiamos o lexema ( era a parte invariable, sempre queda igual) e o morfema ( a parte que cambia e que non ten significado cando vai só), que completa a información que nos da o lexema. Acordádesvos? Pois entón serán moi sinxelos estes exercicios.

-Mate: páx 119 nº 5, 6, 7, 8, 9, 10. Recordade que as rectas secantes son dúas rectas que se cortan nun punto.
Espero que sigades ben, bicos.