e 6º.
Na celebración do Samaín viñemos disfrazados da casa, comemos merendas de medo e miramos vídeos gravados nas clases con contos de medo.
Para bailar, podedes facelo, con estes ritmos musicais:
Para bailar, podedes facelo, con estes ritmos musicais:
En 5º estamos estudando a SAÚDE no TEMA 4 de NATURAIS.
Coñecemos as enfermidades infecciosas contaxiosas, entre elas a do CORONAVIRUS, que tanto está afectando ás nosas vidas.
Propóñovos unha TAREFA de INVESTIGACIÓN seguindo as preguntas desta Ficha.
Para facer a Tarefa preme en
Para coñecer a HIXIENE fronte ao CORONAVIRUS: Preme en lavar as mans ben.
Mira tamén estes Vídeos para axudarte no traballo:
Neste curso 2.020/21 celebramos o Día das Bibliotecas, pero doutro xeito. Por mor do COVID, non podemos ir todos xuntos visitar a Biblioteca e facer a lectura que, cada 24 de outubro, inagura a súa actividade. Agora o aforo non pode superar os 12 alumnos/as, polo que temos que organizar quendas.
O venres, 23, empezou o alumnado de 6º que escoitou unha lectura relacionada coa temática anual da Biblio: "As Portolimpíadas" e recolleu o seu Marcapáxinas para pintalo.
Mentres o alumnado de 5º coñecía que libro vai ler o mércores, 28, relacionado coas Olimpíadas e acababa de pintar o Marcapáxinas olímpico.
Estudada a PREHISTORIA, avanzamos no tempo e entramos na HISTORIA, coa invención da ESCRITURA.
Dentro da HISTORIA hai distintas etapas. Empezaremos coa IDADE ANTIGA, é dicir, estudaremos a EXIPTO, GRECIA e ROMA.
Despois da explicación da ficha entregada pola mestra, miraremos estes vídeos para facer a TAREFA 2:
O curso pasado, o alumnado de 5º, a causa do confinamento, non pudo traballar os contidos de Sociais da Prehistoria e da Historia coa Idade Antiga.
É, por iso, que empezamos coa
PREHISTORIA
Podemos saber moitas cousas dela mirando estes vídeos. Esta información máis as Fichas explicadas pola mestra serviranvos para facer a TAREFA 1.