29 noviembre 2017

EXPERIMENTOS EXPERIMENTAIS

O día 23 de novembro de 2.017 veu a Biblioteca do noso colexio un profesor da Universidade de Vigo, Gabriel. Xa estivera o curso pasado connosco para dar unha charla sobre o espazo.
Gabriel realizou 4 experimentos:
1.- A CANDEA QUE FAI SUBIR A AUGA: Para reflexionar sobre a combustión, a presión atmosférica, por que se apaga a candea, por que sobe a auga...
 2.- CROMATOGRAFÍA: De que está feita a tinta? Por que se pode separar? Que fai o alcol? Capilaridade do papel...
 3.- INFLADOR DE GLOBOS: Que pasa cando se xunta un ácido e unha base? Que gas sae? Que hai dentro do globo? Oxidación e redución...
 4.- FLOTA OU SE AFUNDE?
Densidade, flotación, por que o xeo flota na auga? Por que o aceite conxelado afunde no aceite?
 Se queredes ver como se fan estes experimentos e facelos na casa mirade estes vídeos:

27 noviembre 2017

DÍA DA DISCAPACIDADE, 3 DECEMBRO

ROMPENDO BARREIRAS

OBSERVA ESTE VÍDEO

 Cando remates fai un comentario, que che pareceu?

Coñece os xogos paralímpicos, Preme aquí

Elabora un cartel (diapositiva) cun slogan sobre este día