25 mayo 2020

NATURAIS 6º: SOLUCIÓNS E TAREFAS (DO 25 AO 29 DE MAIO)

NATURAIS
* 1.-  Solución tarefa anterior
 * 2.-  REPASO TEMA 1: TRABALLO PARA
ÁXEL, RUBÉN e YERAI
Contestaredes as preguntas na libreta. Ou podedes imprimir e facer directamente.
Tendes libro e libreta na casa.

 Mandar foto: Ten que estar ben feito  para recuperar o 1º TRIMESTRE.

  Os demais non tendes tarefa  de Naturais.


PROPOSTA TRABALLO 5º luns 25 maio 2020

Bos días:

Outra semana máis de traballo desde casa.
Sei que estades facendo un enorme esforzo xa que non é o mesmo traballar sós que traballar cos compañeiros e compañeiras. Sei canto vos gusta compartir as vosas impresións, os vosos pensamentos, as vosas ideas... canto desfrutades dun momento de risas co veciño do lado durante o traballo ou simplemente a axuda dun compañeir@ nun exercicio.

Ben,  déixovos as actividades:

- Mates: Hoxe repasaremos as divisións con ceros ao final do dividendo e o divisor. FICHA

-CORRECCIÓN da ficha do venres.

- Lingua Castelá: Actividades interactivas Ud. 2. Entramos en Mis Libros Digitales, Ud. 2.
Bicos.

22 mayo 2020

PROPOSTA TRABALLO 5º venres 22

Bos días:

Xa se achega a fin de semana, así que toca Taller de Escritura. Hoxe traballaremos os diálogos, así repasaremos tamén o guión. Farémolo en Lingua Galega.
Xa sabedes que podedes imprimir ou traballar no voso caderno. FICHA

Cando a teñades rematado o traballo o enviades ao meu  correo electrónico (iguago@gmail.com).

- Mates: FICHA repaso Ud. 3

-CORRECCIÓN das fichas de mates do repaso da Ud. 3.

Bicos.

21 mayo 2020

PROPOSTA TRABALLO 5º xoves 21

Bos días:

As tarefas para hoxe son...

- Mates: Remataremos a FICHA de repaso da unidade 3 ( faremos do 6 ao 10).

- CC.SS.: Debuxaremos un obxecto da nosa casa a escala. 

Podemos escoller calquera cousa que se vos ocorra, un libro, un moble, un arbusto, un coche, un xoguete....botádelle imaxinación. 

A escala pode ser 1:10 centímetros ou a que vós queirades pero non vos esquezades de indicala.

Para recordar que é a escala e como se traballa con ela podemos ver este VIDEO

- CORRECCIÓN das fichas de Lingua Castelá que realizamos durante esta semana.

Bicos.

20 mayo 2020

PROPOSTA TRABALLO 5º mércores 20 maio 2020

Bos días:

As tarefas para hoxe...

- Mate: Hoxe resolveremos actividades interactivas da Ud. 3. 
  Entramos en Mis Libros Digitales, Ud. 3.

- Lingua Castelá: FICHA repaso Ud. 2

- CC.SS.: Seguimos repasando a Ud. 1 FICHA  No exercicio 12 hai que pintar o mapa, podedes imprimir ou facer o mapa no caderno e logo colorear. 

-SOLUCIÓN da ficha de onte de sociais:


Bicos