29 octubre 2020

CORONAVIRUS E SAÚDE

 En estamos estudando a SAÚDE no TEMA 4 de NATURAIS.

Coñecemos as enfermidades infecciosas contaxiosas, entre elas a do CORONAVIRUS, que tanto está afectando ás nosas vidas.

Propóñovos unha TAREFA de INVESTIGACIÓN seguindo as preguntas desta Ficha.

 

Para facer a Tarefa preme en

 COVID - 19.

Para coñecer a HIXIENE fronte ao CORONAVIRUS: Preme en lavar as mans ben.

 Mira tamén estes Vídeos para axudarte no traballo:

25 octubre 2020

24 DE OUTUBRO: "DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES"

  Neste curso 2.020/21 celebramos o Día das Bibliotecas, pero doutro xeito. Por mor do COVID, non podemos ir todos xuntos visitar a Biblioteca e facer a lectura que, cada 24 de outubro, inagura a súa actividade. Agora o aforo non pode superar os 12 alumnos/as, polo que temos que organizar quendas.

O venres, 23, empezou o alumnado de que escoitou unha lectura relacionada coa temática anual da Biblio: "As Portolimpíadas" e recolleu o seu Marcapáxinas para pintalo.

 

 

Mentres o alumnado de coñecía que libro vai ler o mércores, 28, relacionado coas Olimpíadas e acababa de pintar o Marcapáxinas olímpico.

 

12 octubre 2020

ESTUDANDO A IDADE ANTIGA EN 5º

 Estudada a PREHISTORIA, avanzamos no tempo e entramos na HISTORIA, coa invención da ESCRITURA. 

Dentro da HISTORIA hai distintas etapas. Empezaremos coa IDADE ANTIGA, é dicir, estudaremos a EXIPTO, GRECIA e ROMA. 

Despois da explicación da ficha entregada pola mestra, miraremos estes vídeos para facer a TAREFA 2:

03 octubre 2020

ESTUDANDO A PREHISTORIA EN 5º

 O curso pasado, o alumnado de 5º, a causa do confinamento, non pudo traballar os contidos de Sociais da Prehistoria e da Historia  coa Idade Antiga.

É, por iso, que empezamos coa 

PREHISTORIA

Podemos saber moitas cousas dela mirando estes vídeos. Esta información máis as Fichas explicadas pola mestra serviranvos para facer a TAREFA 1.

29 septiembre 2020

O PLANO DA NOSA AULA

 Acabamos de comezar este curso e xa temos as cabeciñas botando fume...Bufff... Canto traballo levamos con tanto protocolo e tanta separación.

Pero entre máscara e máscara, lavado de mans e xel hidroalcohólico sacamos algunha idea para traballar así que non se nos ocorreu mellor idea que comprobar no plano da nosa aula se cumplíamos o protocolo.

Aquí temos un exemplo do plano (escala 3:100 cm).


Bravo!!! Fixestes moi bo traballo!!!