31 mayo 2022

"UN MUNDO VARIADO DE RAS"

O alumnado de Sexto desenvolveu, ao longo do curso, un Proxecto de investigación sobre as ras, tendo en conta o Proxecto da Biblioteca "Animaladas" e servíndonos de inspiración o Mural pintado diante do comedor.

Buscamos información na Biblioteca e nos ordenadores Abalar, seleccionámola e redactamos unha nova. 

Cada un escolleu un tipo de ra e, ademais, de facer distintas fichas, coas que confeccionamos un Mural,

elaboramos marcapáxinas, 

 

cucuruchos, 

 

ras de papel... 

 

Tamén elaboramos diapositivas coas que compuxemos este Powert Point que vos invitamos ver. 

29 mayo 2022

ESCENAS TEATRAIS CON ANIMAIS

 Aproveitando a temática do Proxecto da Biblioteca escribimos Escenas Teatrais orixinais, que tiñan como protagonistas a diversos animais. Logo con todas elas, fixemos un Mural para lembrar o Día do Teatro

Aquí volas deixo para ler:

FÁBULAS CON RAS COMO PROTAGONISTAS

 Como sabedes o Proxecto da Biblio é sobre os Animais, e nós, en , escollemos as ras, sobre as que estivemos investigando un montón, para convertelas en protagonistas centrais de Fábulas que inventamos, nun Obradoiro de escritura creativa, coa súa correspondente moralexa. Aquí volas deixou para que as leades:

08 mayo 2022

EXCURSIÓN AOS MUSEOS DA CORUÑA

 
O alumnado de sexto, xunto ao de 3º e 4º, saíu de excursión cara á cidade da Coruña o mércores, 4 de abril, para coñecer dous dos  seus museos: o das Ciencias e o Acuario.

 


 

Foi unha excursión especial xa que duraba o día enteiro e todos e todas pasárono xenial, visitando ademais a Torre de Hércules e percorrendo o Paseo á beira do mar coruñés.

 

 

Un día xenial!!!

04 mayo 2022

OS MAIOS

O venres, 29 de abril, celebramos no patio do colexio a festa primaveral dos Maios.

Cada curso aprendeu as súas coplas para ser cantadas ao redor do Maio, que fixemos entre todo o alumnado do colexio.

Pasámolo xenial, contando cun sol e un tempo primaveral.