MATERIAS 5º
Buscar este blog
23 febrero 2018
A MALETA VIAXEIRA EN SEXTO
A Biblioteca do colexio organizou un sistema de quendas para distribuír polas aulas dúas Maletas Viaxeiras e, á nosa aula de sexto, chegou a dos nenos/as maiores. Logo de escoller os libros e revistas que máis nos apetece ler, fixemos este pequeno traballo para recomendar a súa lectura:
Powered by
Issuu
Publish for Free
19 febrero 2018
INVESTIGANDO SOBRE OS ZANCOS
Proposta de traballo para 6º curso de Primaria
Das seguintes propostas de traballo para investigar sobre os zancos, escolle unha para elaborar unha diapositiva a partir da información que obteñas nos seguintes enlaces.
1.- Orixe
2.- Tipos
3.- Utilidade dos zancos
4.- Como se xoga?
5.- Movementos que se poden facer
6.- Festas nas que se usan os zancos:
A.- A danza dos zancos de Anguiano en La Rioja (España).
B.- Os Zancos de Namur (Bélgica)
Enlaces:
Enlace 1
Enlace 2
Enlace 3
Enlace 4
Enlace 5
Enlace 6
Enlace 7
Enlace 8
Enlace 9
15 febrero 2018
HABÍA UNHA VEZ UN CIRCO SEN ANIMAIS
Os alumnos e alumnas de 6º de Primaria investigamos sobre as razóns que aconsellan prohibir os animais nos circos. Ademais, cada un de nós, encargouse de coñecer as características e o hábitat real onde deberían vivir estes animais de non ser privados de liberdade para actuar nos circos.
Con toda a información elaboramos un Mural que colocamos no corredor da nosa clase para poder ser consultado.
Tamén investigamos sobre os países que prohibiron os circos con animais, e entre eles non está España. Pero descubrimos que o Parlamento de Galicia aprobou en setembro de 2.017 unha Lei de Protección Animal que inclúe a prohibición dos circos con animais e que, antes desa Lei, o noso Concello, Redondela, tamén os prohibira.
AQUÍ TENDES O RESULTADO DAS NOSAS INVESTIGACIÓNS:
Powered by
Issuu
Publish for Free
07 febrero 2018
CARTEIS DO CIRCO DE 6º
Achegándose o Entroido convocamos no colexio un Concurso de Carteis do Entroido para anunciar o Gran Espectáculo Circense que levamos meses preparando e que protagonizaremos o venres, 9 de febreiro.
Cada alumnos/a da clase de 6º deseñou o seu Cartel para presentarse a dito Concurso. Este é o resultado, quedaron todos moi circenses e marabillosos. Votade unha ollada para comprobalo:
Powered by
Issuu
Publish for Free
06 febrero 2018
RELATOS DO CIRCO
Como ben sabedes a Biblioteca convocou un Concurso de Relatos ambientados no Circo.
Os alumnos/as de 6º puxémonos man á obra e inventamos os nosos inspirándonos nalgúns dos cadros do Mural "Pasen e vexan" que a Biblioteca montou para darnos a coñecer pinturas galegas e universais que retratan o mundo circense.
Este é o resultado. Esperemos que a súa lectura vos guste:
Powered by
Issuu
Publish for Free
02 febrero 2018
Suscribirse a:
Entradas (Atom)