Mostrando entradas con la etiqueta O CIRCO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta O CIRCO. Mostrar todas las entradas

05 junio 2018

O CIRCO NO LENZO

Os alumnos/as de 6º curso investigamos sobre os pintores escollidos, polas aulas de Primaria, para reproducir cadros nos que se reflectira a temática circense. Con todas as reproducións a Biblioteca organizou unha Exposición titulada "As cores do Circo". Froito desas investigacións elaboramos un Power Point titulado "O Circo no Lenzo" que vos invitamos a ver:

12 marzo 2018

8 DE MARZO 2.018: DÍA DA MULLER

Dende as Aulas Abalar de 5º e 6º de Primaria quixemos colaborar coa Biblioteca do colexio para elaborar un Power Point que leva por título: "Máis difícil aínda... Mulleres do Circo" no que se conta a historia da celebración do Día da Muller e tamén a presenza activa das mulleres como artistas e traballadoras do Circo, o tema da Biblioteca neste curso. As alumnas destes cursos prestaron as súas voces para a gravación da presentación dixital.
"MÁIS DIFÍCIL AÍNDA... MULLERES DO CIRCO"

15 febrero 2018

HABÍA UNHA VEZ UN CIRCO SEN ANIMAIS

Os alumnos e alumnas de de Primaria investigamos sobre as razóns que aconsellan prohibir os animais nos circos. Ademais, cada un de nós, encargouse de coñecer as características e o hábitat real onde deberían vivir estes animais de non ser privados de liberdade para actuar nos circos.
 Con toda a información elaboramos un Mural que colocamos no corredor da nosa clase para poder ser consultado.
Tamén investigamos sobre os países que prohibiron os circos con animais, e entre eles non está España. Pero descubrimos que o Parlamento de Galicia aprobou en setembro de 2.017 unha Lei de Protección Animal que inclúe a prohibición dos circos con animais e que, antes desa Lei, o noso Concello, Redondela, tamén os prohibira.
AQUÍ TENDES O RESULTADO DAS NOSAS INVESTIGACIÓNS:

07 febrero 2018

CARTEIS DO CIRCO DE 6º

Achegándose o Entroido convocamos no colexio un Concurso de Carteis do Entroido para anunciar o Gran Espectáculo Circense que levamos meses preparando e que protagonizaremos o venres, 9 de febreiro.
Cada alumnos/a da clase de 6º deseñou o seu Cartel para presentarse a dito Concurso. Este é o resultado, quedaron todos moi circenses e marabillosos. Votade unha ollada para comprobalo:

19 diciembre 2017

SAÍDA PARA VER UN ESPECTÁCULO DE CIRCO

Todo o colexio fomos ver un espectáculo de circo titulado GALTÜK, xa que o circo é o proxecto da biblioteca. Logo da saída fixemos redaccións. Aquí podedes lelas:

18 diciembre 2017

CONTOS DO CIRCO

Na primeira semana de novembro celebramos no colexio a Semana da Tradicion Oral e Popular coñecendo refráns sobre o circo .
Logo os alumnos/as de sexto inventamos contos relacionados co circo incluindo moitos destes refráns. Mirade o resultado:




16 noviembre 2017

HISTORIA DO CIRCO

O circo é o tema do Proxecto da Biblioteca este curso. Os alumnos/as de 6º, neste trimestre, completamos un traballo sobre a súa historia. En definitiva a súa liña do tempo.
A información recompilada serviunos, tamén, para facer un MURAL que colocamos no corredor diante da porta da nosa aula. Este é o resultado do traballo: