Mostrando entradas con la etiqueta ALIMENTACIÓN E SAÚDE. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ALIMENTACIÓN E SAÚDE. Mostrar todas las entradas

29 mayo 2019

O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR

E o Alumnado de Curso comprobouno moi ben na marabillosa saída que fixemos a:

* Lonxa de Cesantes: onde vestidos de divertidos choquiños fixemos unha poxa ficticia para aprender como se fai para subastar o peixe na realidade:
* Mercado de Redondela, onde percorremos os distintos postos e aprendemos moitas cousas sobre os peixes que alí se estaban a vender.

* Porto de Cesantes: Onde un mariñeiro, o patrón de Nolosé, explicounos como faenaba cada día na pesca de baixura e con que artes se capturaba o choco:

*Praia de Cesantes: Onde aprendemos a mariscar ameixas e longueiróns:

 *Merenda Mariñeira:

*Despedida con entrega de diplomas e outros materiais:

28 mayo 2019

INVESTIGANDO EN 5º CURSO

Como sabedes o Proxecto da Biblioteca xira arredor da Alimentación e da Cociña. 
Por iso, estivemos investigando para respostar a 21 preguntas que nos propuxo a nosa titora.
Con todas as fichas cubertas confeccionamos un libro en formato papel que agora subimos a este Blog en formato dixital. Veredes que se poden aprender moitas cousas:

16 enero 2019

COCIÑANDO PAN PIZZA EN 5º

O alumnado de preparou unha saborosa receta: PAN PIZZA
Primeiro escribimos a receta e preparamos todos os ingredientes. 




Logo lavamos as mans e colocamos gorros e mandís.
Cociñamos por parellas.
Metemos o pan pizza no forno.
 
Cortamos en anacos.
 Servimos a todo o alumnado do centro e ao profesorado.

11 diciembre 2018

ENQUISA E RECOMENDACIONS NUTRICIONAIS

O alumnado de 5º curso, na materia de Ciencias Naturais, estudando a relación entre alimentación e saúde, contestou ao longo dunha semana a unha Enquisa sobre os seus hábitos alimenticios. 
Logo investigamos e recompilamos Recomendacións Nutricionais que nos serviron para ter conciencia do que deberiamos correxir e/ou reforzar.
Este é o resultado da actividade: