Mostrando entradas con la etiqueta 25 DE NOVEMBRO: DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 25 DE NOVEMBRO: DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. Mostrar todas las entradas

28 noviembre 2022

SON SÓ MIÑA

 Este 25 N, o clube dos ghaleghistas,ademáis se implicaron na creación dunha obra de teatro, baseada no conto "Son só miña", para denunciar a violencia sobre a muller.
















06 diciembre 2021

25 DE NOVEMBRO: DÍA CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA.


 

 Un ano máis temos que lembrarnos desta data no noso colexio, xa que seguen a darse múltiples casos de todo tipo de violencia contra as mulleres. 

 Levamos unha cifra alarmante e dolorosa de asasiñadas polos seus maridos ou ex-maridos; parellas ou ex-parellas ou por descoñecidos que nos respectan os dereitos das mulleres.


Nas clases de 5º e 6º reflexionamos sobre estes feitos e abordamos a necesidade do respecto e da igualdade. Todos xuntos, nenos e nenas, queremos un futuro sen violencia machista.

 

5º e 6º participamos nas actividades do colexio: Escribimos os nomes de mulleres asasiñadas en lazos lilas para logo colgalos da verxa do cole; plantamos pensamentos, tamén lilas no seu honor, lemos un Manifesto...

EN VALORES, DE 6º, CONFECCIONAMOS UN LAZO LILA EXPRESANDO OS NOSOS DESEXOS DENTRO DE CORAZÓNS DE AMOR...

21 noviembre 2021

RECURSOS 25 DE NOVEMBRO


ESTAS SON ACTIVIDADES REALIZADAS NO CURSO PASADO PERO A TRISTE REALIDADE  INDICA QUE A SOCIEDADE SEGUE TENDO  UN PROBLEMA DE CONVIVENCIA.

 SON MOITAS AS MULLERES ASESIÑADAS OU SOMETIDAS A GRANDES SUFRIMENTOS.

POR ISO, FAISE NECESARIO SEGUIR A TRABALLAR DENDE A ESCOLA  PARA EDUCAR DENDE A IGUALDADE E RESPECTO DE XÉNERO.

NON A VIOLENCIA MACHISTA!!! 

PINCHA AQUÍ PARA ACCEDER A DISTINTOS RECURSOS:

12 diciembre 2019

25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Dende hai anos, cada 25 de novembro, conmemoramos esta data para denunciar a situación que viven moitas mulleres no mundo, tamén en España.
O alumnado de 6º, en Valores, investigou sobre o significado da data, por que se celebra cada 25 de novembro e dende cando, que tipos de violencia sofren as mulleres, cales son as máis vulnerables... 
Debatemos sobre os DATOS ALARMANTES proporcionados pola O.N.U.
  Recompilada a información, comentámola e fixemos un MURAL que colocamos diante da porta da nosa aula:
Ademais o alumnado de 5º e 6º visinou, na Hora de Ler, curtas de cine infantil, onde se amosa a educación que dende pequenos recibimos nenos e nenas e como os roles sexistas transmitidos inflúen nas nosas condutas. Logo escribimos as conclusións, de ambas as dúas aulas, nun modelo proporcionado pola Biblioteca.