MATERIAS 5º
Buscar este blog
28 noviembre 2021
VISITA AO CONCELLO DE REDONDELA
O MARTES 23 DE NOVEMBRO DE 2.021 FIXEMOS UNHA VISITA MOI INTERESANTE ÁS DEPENDENCIAS DO CONCELLO. ERA A PRIMEIRA EXCURSIÓN EN MOITO TEMPO!!!
NO MULTIUSOS DA XUNQUEIRA UNHA CONCELLEIRA DEUNOS INFORMACIÓN DE REDONDELA: AS PARROQUIAS, FESTAS E CELEBRACIÓNS CULTURAIS, EDIFICIOS EMBLEMÁTICOS...
LOGO, NA SEDE DO CONCELLO, RECIBIUNOS A ALCALDESA QUE FOI SAUDANDO UN POR UN.
O INTERVENTOR CONTOUNOS CANTO DIÑEIRO CUSTABA O MOBILIARIO URBANO: BANCOS, PAPELEIRAS, CONTEDORES DE LIXO... E QUE TIÑA QUE PAGAR O CONCELLO PARA REPOÑELOS CANDO HABÍA ACTOS DE VANDALISMO. QUEDAMOS SORPRENDIDOS, XA QUE CO DIÑEIRO DESTINADO A ESTES ARRANXOS PODERÍANSE FACER COUSAS NOVAS.
E QUEDOUNOS CLARO QUE O DIÑEIRO SAE DOS IMPOSTOS DE TODOS/AS OS QUE TRABALLAMOS, INCLUÍDOS OS PAIS E NAIS DO NOSO ALUMNADO.
VIÑEMOS MOI CONTENTOS CO BEN QUE NOS TRATARON E ADEMAIS DÉRONNOS UNHA BONITA BOLSA DO CONCELLO!!!
DÍA DA DIABETE
O 14 de novembro é o Día da Diabete. Para achegarnos ao coñecemento desta enfermidade visitounos no colexio Elisa, da Asociación ANEDIA, acompañada da mascota da súa filla, Alexandra, que padece esta doenza.
5º e 6º asistimos a unha charla moi interesante na que Elisa nos explicou como o seu can "Sweet" axuda a detectar a glucemia, as súas subidas ou baixadas, e así pode axudar inmediatamente a pór remedio ao problema médico da súa filla.
Resultou ser unha actividade moi interesante da que aprendemos moito.
DE QUE GRAN AXUDA PODEN SER OS ANIMAIS!!!
26 noviembre 2021
25 noviembre 2021
24 noviembre 2021
21 noviembre 2021
RECURSOS 25 DE NOVEMBRO
ESTAS SON ACTIVIDADES REALIZADAS NO CURSO PASADO PERO A TRISTE REALIDADE INDICA QUE A SOCIEDADE SEGUE TENDO UN PROBLEMA DE CONVIVENCIA.
SON MOITAS AS MULLERES ASESIÑADAS OU SOMETIDAS A GRANDES SUFRIMENTOS.
POR ISO, FAISE NECESARIO SEGUIR A TRABALLAR DENDE A ESCOLA PARA EDUCAR DENDE A IGUALDADE E RESPECTO DE XÉNERO.
NON A VIOLENCIA MACHISTA!!!
PINCHA AQUÍ PARA ACCEDER A DISTINTOS RECURSOS:
MATEMAXIA CO MAGO ANTÓN
5º E 6º, DE FORMA INDIVIDUAL, PARTICIPAMOS EN CADA UNHA DAS NOSAS AULAS, NESTA ACTIVIDADE, ORGANIZADA POLO CONCELLO DE REDONDELA, CO MAGO PACO QUE DEMOSTROU TER MOITOS COÑECEMEMTOS DE MATEMÁTICAS.
FIXO VARIADOS TRUCOS MÁXICOS QUE DESPERTARON O ASOMBRO DO ALUMNADO, PARA A CONTINUACIÓN DESVELAR A SÚA EXPLICACIÓN QUE PERMITÍA DESENVOLVELOS, RAZOANDO E CHEGANDO A UNHA RESOLUCIÓN QUE SEMELLABA MAXIA...
UNHA ACTIVIDADE MOI INTERESANTE QUE PROVOCOU AS GAÑAS DE SABER MÁIS DO NOSO ALUMNADO!!!
16 noviembre 2021
SAÚDE NA ESCOLA CON ÉRGUETE
Tanto 5º como 6º de Primaria asistimos, nesta primeira quincena de novembro, a varias charlas moi instrutivas e amenas impartidas por psicólogas da asociación ÉRGUETE, con máis de 37 anos de existencia.
En 5º falaron dos perigos dos videoxogos e de internet.
En 6º, dos perigos das drogas e das substancias aditivas.
Logo, o alumnado de 6º, a partir dos apuntamentos recollidos nas charlas elaborou un resumen do aprendido:
13 noviembre 2021
MAGOSTO 2.021
CELEBRAMOS, NO COLE, O MAGOSTO E PASÁMOLO XENIAL.
PRIMEIRO DECORAMOS CUCURUCHOS PARA COMER AS CASTAÑAS E FIXEMOS FIGURAS DE PAPIROFLEXIA PARA OS XOGOS POPULARES.
AS FAMILIAS ASARON CASTAÑAS E CHORIPAN E COMEMOS CON GAÑAS. ESTABA TODO RIQUÍSIMO!!!
LOGO FIXEMOS XOGO POPULARES E PASÁMOLO MOI BEN.
07 noviembre 2021
RECURSOS PARA TRABALLAR O MAGOSTO
ACHÉGASE CO OUTONO O TEMPO DAS CASTAÑAS E DE FACER MAGOSTOS.
PINCHA NO SEGUINTE ENLACE ONDE PODERÁS ACCEDER A DISTINTOS RECURSOS PARA TRABALLAR E COÑECER ESTA TRADICIÓN TAN GALEGA.
CONTOS DE SAMAÍN
Unha das actividades desenvoltas no Samaín no cole, neste 2.021, foi inventar contos para intercambiar a súa lectura e así o fixemos entre 5º e 6º de Primaria. Este é o conto lido polo alumnado de 5º curso:
Estes son os contos de medo, de 6º, que teñen como protagonista a un polbo xigante que aparece na ponte de Rande. Lemos o de Uxía Farto que foi o elexido polos seus compañeiros