O martes, 26 de abril, acudiu ao noso centro a escritora Andrea Maceiras para manter un encontro cos seus lectores de 5º e 6º.
Antes da visita lemos "A folla azul", un libro de lectura fácil, ambientado na Amazonía, que nos marabillou e encantou.
O alumnado de 6º fixo varios murais que presentamos no Encontro á escritora e aos nosos compañeiros de 5º.
Coñecimos moitos animais deste ecosistema e reflexionamos sobre a necesidade de respectar o estilo de vida das tribos indíxenas que está perigando pola destrución da Amazonía.
Andrea Maceiras, a partir dunha proxección dixital, fixo unha explicación detallada da selva amazónica e da necesidade de conservala.
Finalmente, firmou os exemplares do seu libro "A folla azul".
No hay comentarios:
Publicar un comentario