Mostrando entradas con la etiqueta ENTROIDO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ENTROIDO. Mostrar todas las entradas

04 marzo 2022

ENTROIDO 2.022

 5º  participamos na celebración do Entroido que, este ano, tiña como elemento aglutinador o tema da Biblioteca, os animais.

Primeiro sexto confeccionou os carteis coas Ordes da Meca: o martes, levar un rabo; o mércores, antenas; e, o xoves, unhas ás para voar. 

disfrazouse de animais do Antigo Exipto...

E convertiuse en ras bailarinas.

21 febrero 2021

ENTROIDO OLÍMPICO 2.021

 Non quixemos deixar de conmemorar no colexio a Festa do Entroido, eso si dun xeito distinto, adaptándonos ao cumprimento das medidas preventivas contra o Covid: distancia de seguridade, uso de máscaras, mantendo os grupos burbullas das clases, uso constante de hidroxel...Tampouco compartimos os doces típicos de Entroido que o alumnado trouxo das súas casas.

Pero eso sí gozamos moitísimo observando o Desfile cos disfraces olímpicos de cada unha das clases. Había distintos deportes olímpicos representados: béisbol, natación, futbolistas, ximnastas, deportistas de surf, boxeadores, karatecas...


5º e 6º tamén lle puxemos orixinalidade aos noso disfraces para non quedar atrás: 5º representou os distintos deportes olímpicos da Grecia Clásica (onde xurdiron as Olimpíadas) e 6º construiu flamantes skates. 

12 marzo 2020

UN ENTROIDO DE CINE


O venres, 21 de febreiro, celebramos na escola o ENTROIDO 2.020.
A temática dos disfraces debía estar relacionada coas películas de cine escollidas por cada unha das aulas. 
5º e 6º de PRIMARIA escolleron os filmes "Astérix e Obélix contra o César" e "E.T. o EXTRATERRESTRE".
Primeiramente, miramos estas películas e fixemos unha pequena investigacións sobre as mesmas.
 Nun segundo momento, preparamos os disfraces entre todos, o que nos levou un tempo e moito traballo:
 E, por último, desfilamos ao redor do colexio e dentro do pavillón escenificamos as nosas películas. Un Final de CINE para en ENTROIDO CINEMATOGRÁFICO: