Mostrando entradas con la etiqueta PROPOSTAS DE TRABALLO 6º CURSO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PROPOSTAS DE TRABALLO 6º CURSO. Mostrar todas las entradas

15 junio 2020

TAREFA FINAL 6º PRIMARIA (SEMANA DO 15 AO 19 DE XUÑO)

QUERIDOS ALUMNOS/AS: 
Chegamos a fin de Curso cada un/unha de nós nas súas casas. 
Non podeimos xuntarnos para a Festa Fin de Curso e a merendola, tampouco fixemos a Excursión... 
Preparei un Power Point con fotos que recollen o voso paso polo colexio.
 Xa vos avisarei, en setembro, sobre a forma de facérvolo chegar. Se todo fose ben, algunha despedida fariamos nese momento.
Pero hai que ver o positivo dentro do negativo: Seguimos todos e todas en contacto, aínda que sexa virtual, estamos ben nós e a familia (que outras persoas non poden dicir o mesmo) e  en setembro iremos a unha "nova normalidade" con mascarillas, pero todos xuntos en contacto no Instituto. Esta experiencia seguro que nos fai máis fortes e aprendemos a valorar as cousas positivas que temos que, ás veces, nin apreciamos.
Vós estivestes mandando fotos. 
Agora  tócame a min.
Na primeira, hai un coelliño que logra sobrevivir nunha praza de Vigo, nun pequeno parque, rodeado de cans que levan os seus donos a pasear.
Moita sorte coelliño...
 Na segunta foto, aparezo eu cun novo membro da familia. 
Sempre hai motivo para a esperanza...
Despois deste sermón que vos botei, quero que fagades unha última tarefa:
Unha redacción, en galego ou castelán, como prefirades, sobre este curso. Lembrádevos: unha breve introdución; nun 2º parágrafo, o que máis vos gustou; nun 3º parágrafo, o que menos vos gustou, pero explicando os motivos; nun , contádeme que opinión tendes de min (que vos gustaba de min e o que non; así podo aprender para o próximo curso); e, finalmente, unha conclusión, coas vosas valoracións persoais.
Súbo para a semana, o luns, os traballos ben feitos. E, para a semana, tamén subo materia e exercicios por se queredes repasar no verán.
AS NOTAS PUBLICARANSE, POLO ABALAR, O VENRES, 19 DE XUÑO.
ATENTOS AO VÍDEO QUE SUBO A CONTINUACIÓN, NA ENTRADA DE CINE GALEGO: IGNACIO VILAR. ACOMPAÑO DO PROXECTO FEITO ENTRE TODOS/AS.

6º CURSO: SOLUCIÓNS TAREFAS DO 8 AO 12 DE XUÑO

SOLUCIÓNS ANTERIORES
* LENGUA CASTELLANA
Solucións catro Fichas de Avaliación
LINGUA GALEGA
* Solucións Avaliación Inicial

 
* Modelos de cartas dirixidas ao Presidente do Goberno

* MATEMÁTICAS
Recuperación tema 7

Cálculo
Exercicios de Volume


* SOCIAIS
Dereitos e deberes dos españois recollidos na Constitución de 1.978:


29 marzo 2020

PROPOSTAS 6º PRIMARIA (30 MARZO - 10 ABRIL)

QUERIDÍSIMOS ALUMNOS/AS:
Desexo que esteades todos e todas moi ben, igual que as vosas familias.Teño moitas ganas de veros e de que traballemos xuntos de novo. Penso que vós tamén!
Espero que nas dúas semanas que levades nas casas, traballarades no que marquei.
Se non é así, axiña rematade porque mando máis traballo.
 Á volta correxirémolo todo. Lembrade os meus consellos e  traballade que o día dá para facer todo tipo de actividades, non so as de lecer. Tendes o Horario na Axenda e os libros nas casas polo que non hai desculpa.
Por favor, como sei que os vosos pais/nais teñen un grupo de WhatsApp, o primeiro/a que lea esta información que a traslade para que ninguén quede descolgado. Poñédevos en contacto, por favor, con Álex Montenegro e Rubén, que non viñeron a buscar as tarefas que están na Entrada do Blog do 16 de marzo, tal e como vos indiquei na Folla de Instrucións. Mario dille a Ángela que lle porei a súa tarefa a parte nunha Entrada que dirá TRABALLO ÁNGELA.
Todos os demais ide mirando as distintas Entradas que farei, unha por cada materia e nesta orde: HORA DE LER,  MATEMÁTICAS, CASTELÁN, GALEGO,  NATURAIS e  SOCIAIS.  
Non vos agobiedes, é para dúas semanas, pero traballade en cada materia, como dixen, seguindo o Horario de clase.
Un bico para todos/as
Mª José

* EMPEZAREI  COA  ENTRADA  da    HORA DE LER.
C0mo son 8 Entradas distintas e con explicacións longas, ademais da Páxina Principal, buscádeas nas Entradas Antigas do BLOG, sendo a última  Entrada unha co mesmo contido desta.
Ademais estas Propostas de Traballo de 6º aparecerán na Páxina Web do colexio nunha Carpeta que pon 6º de PRIMARIA. Recomendo que vexades tamén a Carpeta de Orientación, con todo tipo de actividades de repaso.

27 marzo 2020

PROPOSTAS DE TRABALLO 6º (DO 30 DE MARZO AO 10 DE ABRIL)

QUERIDÍSIMOS ALUMNOS/AS:
Desexo que esteades todos e todas moi ben, igual que as vosas familias.Teño moitas ganas de veros e de que traballemos xuntos de novo. Penso que vós tamén!
Espero que nas dúas semanas que levades nas casas, traballarades no que marquei.
Se non é así, axiña rematade porque mando máis traballo.
 Á volta correxirémolo todo. Lembrade os meus consellos e  traballade que o día dá para facer todo tipo de actividades, non so as de lecer. Tendes o Horario na Axenda e os libros nas casas polo que non hai desculpa.
Por favor, como sei que os vosos pais/nais teñen un grupo de WhatsApp, o primeiro/a que lea esta información que a traslade para que ninguén quede descolgado. Poñédevos en contacto, por favor, con Álex Montenegro e Rubén, que non viñeron a buscar as tarefas que están na Entrada do Blog do 16 de marzo, tal e como vos indiquei na Folla de Instrucións. Mario dille a Ángela que lle porei a súa tarefa a parte nunha Entrada que dirá TRABALLO ÁNGELA.
Todos os demais ide mirando as distintas Entradas que farei, unha por cada materia e nesta orde: SOCIAIS, NATURAIS, GALEGO, CASTELÁN, MATEMÁTICAS e HORA DE LER. Non vos agobiedes, é para dúas semanas, pero traballade en cada materia, como dixen, seguindo o Horario de clase.
Un bico para todos/as
Mª José
* EMPEZAREI  COA  ENTRADA  DA  MATERIA  DE  SOCIAIS