29 mayo 2019

O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR

E o Alumnado de Curso comprobouno moi ben na marabillosa saída que fixemos a:

* Lonxa de Cesantes: onde vestidos de divertidos choquiños fixemos unha poxa ficticia para aprender como se fai para subastar o peixe na realidade:
* Mercado de Redondela, onde percorremos os distintos postos e aprendemos moitas cousas sobre os peixes que alí se estaban a vender.

* Porto de Cesantes: Onde un mariñeiro, o patrón de Nolosé, explicounos como faenaba cada día na pesca de baixura e con que artes se capturaba o choco:

*Praia de Cesantes: Onde aprendemos a mariscar ameixas e longueiróns:

 *Merenda Mariñeira:

*Despedida con entrega de diplomas e outros materiais:

28 mayo 2019

INVESTIGANDO EN 5º CURSO

Como sabedes o Proxecto da Biblioteca xira arredor da Alimentación e da Cociña. 
Por iso, estivemos investigando para respostar a 21 preguntas que nos propuxo a nosa titora.
Con todas as fichas cubertas confeccionamos un libro en formato papel que agora subimos a este Blog en formato dixital. Veredes que se poden aprender moitas cousas:

05 abril 2019

SEMANA DA PRENSA EN 5º PRIMARIA

Do 11 ao 15 de marzo desenvolvemos diferentes actividades na nosa clase para conmemorar a Semana da prensa.
En primeiro lugar, un xornalista e un fotógrafo do Faro de Vigo déronnos unha charla sobre a historia do seu periódico e de como se elabora, convidándonos a participar no Faro da Escola.


Logo, nós, elaboramos un resume coa información máis importante. Tamén escollemos unha noticia deste xornal, relacionada coa alimentación, o tema do Proxecto da nosa Biblioteca, para logo facer outro resume.
Este é o resultado do noso traballo


02 abril 2019

O día 1 de abril recibimos a visita de 3 científicos do CSIC. Con eles descubrimos que estamos rodeados de microorganismos aínda que non os vexamos 

INFORME: MICROORGANISMOS 


 Introducción :

Al colegio Porto Cabeiro vinieron tres científicos de investigaciones marinas del CSIc a enseñarnos la cantidad de microorganismos : baterias ,hongos,mohos...que viven en todo lo que nos rodea. Nos dividimos en tres grupos ,en cada uno nos hablaban sobre una cosa .

 Desarrollo :

 Observamos cultivos de bacterias en unas placas . Para que nosotros las podamos ver tiene que haber miles de millones de microorganismos. Pusimos tres dedos en una placa para ver la cantidad de baterias que tenemos en nuestras manos, cultivándolas y viendo como van creciendo y formando colonias. Además nos enseñaron cosas como que las bacterias para que crezcan y se desarrollen utilizan el agar que son unos polvos que que se obtienen al deshidratar algas y mezclar los polvos resultantes con agua u otras sustancias cociéndolas hasta conseguir una gelatina. También nos explicaron que no todas son malas,incluso algunas se pueden utilizar para la elaboración de alimentos...

 Valoración : 

 Estuvo bien y fue muy interesante saber algo más sobre los microorganismos que están en todas partes y nos acompañan .


20 marzo 2019

ENCONTRO POÉTICO CON ANTONIO Gª TEIJEIRO

O mércores,13 de marzo, mantivemos un Encontro Poético  co escritor Antonio García Teijeiro.
Antes lemos "POEMAR O MAR", un libro de poesías dedicadas todas elas ao MAR, ese que temos tan cerca de nós, na Ría de Vigo.



Con Antonio fixemos lectura colectiva das súas poesías e, a continuación, asinounos, con gran agarimo, unha dedicatoria especial en todos os nosos libros.


 Nós regalámoslle, para que se lembrara da súa visita ao colexio, un Libro con 21 ilustracións dos poemas que máis nos gustaron de "POEMAR O MAR".
 El amosouse encantado:

 
 
Esta é unha mostra dixital do noso traballo en papel.