Aproveitando a temática do Proxecto da Biblioteca escribimos Escenas Teatrais orixinais, que tiñan como protagonistas a diversos animais. Logo con todas elas, fixemos un Mural para lembrar o Día do Teatro.
Aquí volas deixo para ler:
Aproveitando a temática do Proxecto da Biblioteca escribimos Escenas Teatrais orixinais, que tiñan como protagonistas a diversos animais. Logo con todas elas, fixemos un Mural para lembrar o Día do Teatro.
Aquí volas deixo para ler:
Como sabedes o Proxecto da Biblio é sobre os Animais, e nós, en 6º, escollemos as ras, sobre as que estivemos investigando un montón, para convertelas en protagonistas centrais de Fábulas que inventamos, nun Obradoiro de escritura creativa, coa súa correspondente moralexa. Aquí volas deixou para que as leades:
Foi unha excursión especial xa que duraba o día enteiro e todos e todas pasárono xenial, visitando ademais a Torre de Hércules e percorrendo o Paseo á beira do mar coruñés.
Un día xenial!!!
O venres, 29 de abril, celebramos no patio do colexio a festa primaveral dos Maios.
Cada curso aprendeu as súas coplas para ser cantadas ao redor do Maio, que fixemos entre todo o alumnado do colexio.
Pasámolo xenial, contando cun sol e un tempo primaveral.
O martes, 26 de abril, acudiu ao noso centro a escritora Andrea Maceiras para manter un encontro cos seus lectores de 5º e 6º.
Antes da visita lemos "A folla azul", un libro de lectura fácil, ambientado na Amazonía, que nos marabillou e encantou.
O alumnado de 6º fixo varios murais que presentamos no Encontro á escritora e aos nosos compañeiros de 5º.
Coñecimos moitos animais deste ecosistema e reflexionamos sobre a necesidade de respectar o estilo de vida das tribos indíxenas que está perigando pola destrución da Amazonía.
Andrea Maceiras, a partir dunha proxección dixital, fixo unha explicación detallada da selva amazónica e da necesidade de conservala.
Finalmente, firmou os exemplares do seu libro "A folla azul".