23 enero 2020

INVESTIGACIÓN: XÉNEROS CINEMATOGRÁFICOS

O alumnado de 6º Curso estivo investigando cos ordenadores Abalar sobre os Xéneros cinematográficos e os pasos foron:
1º- A titora recompilou 21 tipos distintos de cine.
2º- Cada alumno/a escolleu o que máis lle interesou.
3º- A titora repartiu enlaces de interese para procurar a información en Internet.
4º- O alumnado tiña que consultalos e resumir de forma clara e breve as características de cada tipo de cine.
5º- Logo de escribir o texto na diapositiva, cada alumno/a, buscou e pegou unha foto dunha película representativa de cada Xénero.
 Este é o resultado:


10 enero 2020

INVESTIGAMOS...
Que é un ecosistema?, que necesita un ecosistema para as relacións entre os seus elementos sexan equilibradas?...

Tiñamos moitas dúbidas que necesitabamos resolver. Así que nos puxemos mans á obra e creamos os nosos propios ecosistemas.

12 diciembre 2019

25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Dende hai anos, cada 25 de novembro, conmemoramos esta data para denunciar a situación que viven moitas mulleres no mundo, tamén en España.
O alumnado de 6º, en Valores, investigou sobre o significado da data, por que se celebra cada 25 de novembro e dende cando, que tipos de violencia sofren as mulleres, cales son as máis vulnerables... 
Debatemos sobre os DATOS ALARMANTES proporcionados pola O.N.U.
  Recompilada a información, comentámola e fixemos un MURAL que colocamos diante da porta da nosa aula:
Ademais o alumnado de 5º e 6º visinou, na Hora de Ler, curtas de cine infantil, onde se amosa a educación que dende pequenos recibimos nenos e nenas e como os roles sexistas transmitidos inflúen nas nosas condutas. Logo escribimos as conclusións, de ambas as dúas aulas, nun modelo proporcionado pola Biblioteca.


MAQUETAS PARA COÑECER O RELEVO

 Na materia de Sociais, en 6º curso, estivemos estudando o Relevo e a Hidrografía de Galicia, España e Europa, ademais de conceptos básicos como que é un río e as súas partes ou que é un val, unha depresión, unha cordilleira...
 Unha compañeira, Ángela, construiu varias maquetas para afondar de forma práctica nestes coñecementos:
Foi sinxelo de facer. Sobre Mapas de Relevo representou, con plastilina de cores: ríos, montañas, vales, depresións, penínsulas, arquipélagos e illas... Finalmente, colocou os nomes máis significativos escritos nun papel pegado a un anaco de escarvadentes. Este foi o resultado: