27 marzo 2020

PROPOSTAS DE SOCIAIS 6º (30 MARZO-10 ABRIL)

TEMA 4: EUROPA.
CARACTERÍSTICAS DA SÚA POBOACIÓN. A UNIÓN EUROPEA (UE)
*1.- Seguide repasando o tema, que está xa explicado por completo e correxidas as súas actividades.
 Á volta marcaremos o Exame cuxa nota contará para a 3ª Avaliación.
*2.- O Traballo xa marcado das Fichas 1,2 e 3 tense que presentar rematado, a bolígrafo, cando volvamos. Contará cunha nota para a 3ª Avaliación.
*3.- Mapa de Europa. Deberanse repasar a bolígrafo azul os nomes que mandamos (que un adulto volo corrixa antes). Incorporaremos a bolígrafo vermello os nomes das capitais dos seguintes países: España, Portugal, Francia, Italia, Alemania, Gran Bretaña, Suecia, Noruega, Bélxica e Rusia. 
Porase nota para a 3ª Avaliación.
*4.- Exame do Mapa Político: Estudamos os países e as capitais marcadas. Podemos memorizalos practicando nestes Mapas Interactivos. Pincha aquí
*5.- INVESTIGACIÓN sobre un país da UE (o que queiramos)que aporte esta información:
- NOME DO PAÍS:
-CON QUEN LIMITA:
-CAPITAL:
-IDIOMA/S:
-EXTENSIÓN:
-Nº DE HABITANTES:
-DENSIDADE DE POBOACIÓN:
-FORMA DE ESTADO (MONARQUÍA OU REPÚBLICA):
-ANO DE ENTRADA NA UE: 
-CITA ALGO RELEVANTE DESE PAÍS:
-DEBUXA O MAPA E A BANDEIRA.
Farémolo na libreta, a bolígrafo, nunha folla onde non haxa outras actividades, copiando este esquema que vos adxunto arriba.
Contará para a 3ª Avaliación
LEMBRADE: ESTE TRABALLO É ATA O 10 DE ABRIL, TENDES DÚAS SEMANAS. SEGUIDE O HORARIO DA ESCOLA. ÁNIMO E FACÉDEO BEN. 

PROPOSTAS DE TRABALLO 6º (DO 30 DE MARZO AO 10 DE ABRIL)

QUERIDÍSIMOS ALUMNOS/AS:
Desexo que esteades todos e todas moi ben, igual que as vosas familias.Teño moitas ganas de veros e de que traballemos xuntos de novo. Penso que vós tamén!
Espero que nas dúas semanas que levades nas casas, traballarades no que marquei.
Se non é así, axiña rematade porque mando máis traballo.
 Á volta correxirémolo todo. Lembrade os meus consellos e  traballade que o día dá para facer todo tipo de actividades, non so as de lecer. Tendes o Horario na Axenda e os libros nas casas polo que non hai desculpa.
Por favor, como sei que os vosos pais/nais teñen un grupo de WhatsApp, o primeiro/a que lea esta información que a traslade para que ninguén quede descolgado. Poñédevos en contacto, por favor, con Álex Montenegro e Rubén, que non viñeron a buscar as tarefas que están na Entrada do Blog do 16 de marzo, tal e como vos indiquei na Folla de Instrucións. Mario dille a Ángela que lle porei a súa tarefa a parte nunha Entrada que dirá TRABALLO ÁNGELA.
Todos os demais ide mirando as distintas Entradas que farei, unha por cada materia e nesta orde: SOCIAIS, NATURAIS, GALEGO, CASTELÁN, MATEMÁTICAS e HORA DE LER. Non vos agobiedes, é para dúas semanas, pero traballade en cada materia, como dixen, seguindo o Horario de clase.
Un bico para todos/as
Mª José
* EMPEZAREI  COA  ENTRADA  DA  MATERIA  DE  SOCIAIS

video ángulos

Déixovos estes videos que explican moi ben os ángulos, medida e clases. Espero que vos axuden.

PROPOSTA TRABALLO 5º venres 27 marzo 2020

Bos días!
As actividades propostas para hoxe serán as seguintes:
-Mates: páx 116 nº 1, 2 e 3.


 - L.Galega: páx 94 nº 1, 2, 3.
Un saúdo.


26 marzo 2020

PROPOSTA TRABALLO 5º xoves 26 marzo 2020

Bos días!
O traballo para hoxe:
- CC.NN.: Comezamos coa UD. 4 Ciencia e saúde. Faremos unha lectura da páx 66 e responderemos ás actividades 1, 2 e 3. Unha das enfermidades dos exercicios debe ser o coronavirus así que investigaremos un pouco.


- L. Castellana: páx 94 actividades 1, 2, 3 e 4.
Un saúdo