07 marzo 2021

CELEBRACION DO DÍA DA MULLER, 8 DE MARZO DE 2.021

 

O LUNS, 8 DE MARZO, É O DÍA DA MULLER.

CO COLEXIO DECORADO PARA A OCASIÓN, PODEMOS APROVEITAR A SEMANA PARA TRABALLAR ESTA CONMEMORACIÓN, PARA O QUE VOS PROPORCIONAMOS DISTINTOS ENLACES:

1º: MATERIAIS PROPIOS, ELABORADOS AO LONGO DESTES ÚLTIMOS CURSOS.

2º: OUTROS MATERIAIS COLGADOS NA REDE.

ESPEREMOS QUE VOS SEXAN DE AXUDA PARA ACERCARNOS O SIGNIFICADO DESTA CONMEMORACIÓN.

 
 OS ALUMNOS DE 5º E 6º APROVEITAMOS PARA FOTOGRAFARNOS NOS DISTINTOS "RECUNCHOS FEMINISTAS" CREADOS:
NA CLASE DE VALORES DE 5º ESTIVEMOS BUSCANDO INFORMACIÓN COS ORDENADORES ABALAR SOBRE ESTA CELEBRACIÓN E ADEMAIS CONFECCIONAMOS CARTEIS ILUSTRATIVOS. 
ESTE É O RESULTADO DO TRABALLO:

21 febrero 2021

ENTROIDO OLÍMPICO 2.021

 Non quixemos deixar de conmemorar no colexio a Festa do Entroido, eso si dun xeito distinto, adaptándonos ao cumprimento das medidas preventivas contra o Covid: distancia de seguridade, uso de máscaras, mantendo os grupos burbullas das clases, uso constante de hidroxel...Tampouco compartimos os doces típicos de Entroido que o alumnado trouxo das súas casas.

Pero eso sí gozamos moitísimo observando o Desfile cos disfraces olímpicos de cada unha das clases. Había distintos deportes olímpicos representados: béisbol, natación, futbolistas, ximnastas, deportistas de surf, boxeadores, karatecas...


5º e 6º tamén lle puxemos orixinalidade aos noso disfraces para non quedar atrás: 5º representou os distintos deportes olímpicos da Grecia Clásica (onde xurdiron as Olimpíadas) e 6º construiu flamantes skates. 

25 diciembre 2020

TEMPO DE NADAL NO NOSO COLEXIO

 Un ano máis celebramos o Nadal no  colexio e desenvolvemos dúas iniciativas:


 

 

1ª: e participamos, xunto ao resto do alumnado, nun Concurso de postais nas que xunto a elementos navideños debía haber referencias gráficas aos deportes de inverno, tendo en conta o tema das Olimpíadas. Por atrás, había que escribir un texto dedicado a aquelas persoas coas que este ano non podiamos celebrar o Nadal polas medidas contra o Covid.



2ª: e participamos tamén na inicitaiva solidaria de recollida de alimentos para colaborar co Banco de Alimentos de Vigo:

13 diciembre 2020

ATLETA POR 1 DÍA

 Se és un alumno/a de 5º debes cubir esta enquisa. Elixe a modalidade de Atletismo que che guste para representar o xesto .  PREME AQUI

https://forms.gle/zvvbr6APBWdmj7Zp9