Mostrando entradas con la etiqueta DÍA DA MULLER. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta DÍA DA MULLER. Mostrar todas las entradas

12 marzo 2022

8 DE MARZO: DÍA DA MULLER 2.022


Este curso desenvolvemos diferentes actividades para conmemorar esta efeméride no colexio. 


Entre elas, asistimos 5º e 6º á charla impartida por unha veterinaria que nos veu mostrar o seu traballo cos animais, tema da biblio este curso. 

Acompañada por un can, trouxo con ela o seu instrumental de traballo co que trata de curar aos animais que atende na súa profesión, especialmente cans e gatos.


20 marzo 2018

DÍA DA MULLER- UN POUCO DE HISTORIA

Na clase de Valores de 6º de Primaria estivemos investigando sobre o por que celebramos o 8 de marzo o Día da Muller e así coñecemos a loita das mulleres por mellorar as súas condicións de vida e conseguir plenos dereitos. Este é o resume do investigado:

16 marzo 2018

DÍA DA POESÍA CON ROSALÍA

O 21 DE MARZO CELÉBRASE O DÍA DA POESÍA E A BIBLIOTECA MONTOU UN TENDAL POÉTICO PARA EXPOÑER AS ESTROFAS INVENTADAS POLO ALUMNADO DE PRIMARIA NAS QUE RELACIONAMOS A ROSALÍA DE CASTRO CO CIRCO.
 ESTES SON OS ACRÓSTICOS INVENTADOS POLA CLASE DE 6º:

12 marzo 2018

8 DE MARZO 2.018: DÍA DA MULLER

Dende as Aulas Abalar de 5º e 6º de Primaria quixemos colaborar coa Biblioteca do colexio para elaborar un Power Point que leva por título: "Máis difícil aínda... Mulleres do Circo" no que se conta a historia da celebración do Día da Muller e tamén a presenza activa das mulleres como artistas e traballadoras do Circo, o tema da Biblioteca neste curso. As alumnas destes cursos prestaron as súas voces para a gravación da presentación dixital.
"MÁIS DIFÍCIL AÍNDA... MULLERES DO CIRCO"