Mostrando entradas con la etiqueta ENERXÍA E CIRCUITOS ELÉCTRICOS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ENERXÍA E CIRCUITOS ELÉCTRICOS. Mostrar todas las entradas

27 febrero 2020

NAVES ESPACIAIS LUMINOSAS


 
O alumnado de Curso quixo acompañar o seu disfrace do ENTROIDO dunha pequena nave espacial con luces de cores que a iluminaban. Así puxemos en práctica o aprendido en Naturais sobre a  electricidade, construíndo un circuíto eléctrico. 
Pasos a seguir se queredes facelo:
1.- De entre varios modelos proporcionados pola titora, escollemos o que máis nos gustou e debuxamos as naves sobre un lado dun trozo de cartón e recortámolas:

2.- Colocamos o circuíto eléctrico e suxetámolo con cinta illante ou celo adhesivo por un lado do cartón:  o xerador ou pila, os cables e o interruptor para deixar pasar a corrente. O receptor ou lámpadas, por diante, para ver de fronte as luces de cores:

 3.- Pintamos a nave con témperas, como máis nos gustou, as liñas con rotulador dourado e vernizamos:
 
  Este foi o resultado:
 O produto realizado puxo en práctica este modelo de Circuíto que cada alumno/a representou nun folio:

18 junio 2019

5º EXPERIMENTA COA ENERXÍA


Aproveitando que, na materia de NATURAIS, o alumnado estudou a enerxía, propúxose a elaboración de Circuitos eléctricos para reflexionar como a enerxía se transforma e presenta en distintas formas: química, eléctrica, luminosa, cinética, calorífica... 
Con todos fixemos unha Exposición, no recibidor, para que o resto do alumnado do colexio, poidese probar o funcionamento dos mesmos.

A partir dunha pila, cables, bombillas e interruptores construíronse distintos circuitos, baixo distintas presentacións (faros, muíños, estradas con semáforos...) feitos ademais con materiais de refugallo (cartóns, plásticos, papeis e teas de diversos tipos, trozos de madeira...). Resultou ser unha experiencia positiva e todos e todas apuntáronse a repetir para o ano que vén.