Mostrando entradas con la etiqueta NATURAIS 5º. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta NATURAIS 5º. Mostrar todas las entradas

18 junio 2019

5º EXPERIMENTA COA ENERXÍA


Aproveitando que, na materia de NATURAIS, o alumnado estudou a enerxía, propúxose a elaboración de Circuitos eléctricos para reflexionar como a enerxía se transforma e presenta en distintas formas: química, eléctrica, luminosa, cinética, calorífica... 
Con todos fixemos unha Exposición, no recibidor, para que o resto do alumnado do colexio, poidese probar o funcionamento dos mesmos.

A partir dunha pila, cables, bombillas e interruptores construíronse distintos circuitos, baixo distintas presentacións (faros, muíños, estradas con semáforos...) feitos ademais con materiais de refugallo (cartóns, plásticos, papeis e teas de diversos tipos, trozos de madeira...). Resultou ser unha experiencia positiva e todos e todas apuntáronse a repetir para o ano que vén.