27 septiembre 2019

SEMANA DO CLIMA

SEMANA DO CLIMA (20-27 DE SETEMBRO)
Os alumnos e alumnas de 5º de primaria participamos nas actividades propostas na semana do clima.
Visionado de curtametraxes e documentais, creación de carteis, debates sobre cambio climático
e contaminación e ademais, sumámonos a manifestación do
venres 27











23 septiembre 2019

HORARIOS 5º E 6º PRIMARIA E NORMAS DE CONDUTA

Acabamos de iniciar o curso 2.019/ 2.020 e, antes de nada, subimos os horarios de e de Primaria.
Tamén incorporamos as Normas de conduta a cumprir na escola, cun consello do gran actor Charles Chaplin que debemos ter en conta.

20 septiembre 2019

BENVIDOS A UN CURSO DE CINE

Os alumnos e alumnas do CEIP PLURILINGÜE PORTO-CABEIRO escollemos como
tema para o noso proxecto de centro O CINE, dándolle como título:
 "LUCES, CÁMARA, ACCIÓN"
 
 
Desenvolveremos distintas actividades ao longo do ano  que terán como fío condutor
 o tema do noso proxecto.

 

18 junio 2019

5º EXPERIMENTA COA ENERXÍA


Aproveitando que, na materia de NATURAIS, o alumnado estudou a enerxía, propúxose a elaboración de Circuitos eléctricos para reflexionar como a enerxía se transforma e presenta en distintas formas: química, eléctrica, luminosa, cinética, calorífica... 
Con todos fixemos unha Exposición, no recibidor, para que o resto do alumnado do colexio, poidese probar o funcionamento dos mesmos.

A partir dunha pila, cables, bombillas e interruptores construíronse distintos circuitos, baixo distintas presentacións (faros, muíños, estradas con semáforos...) feitos ademais con materiais de refugallo (cartóns, plásticos, papeis e teas de diversos tipos, trozos de madeira...). Resultou ser unha experiencia positiva e todos e todas apuntáronse a repetir para o ano que vén.