MATERIAS 5º
Buscar este blog
26 junio 2019
18 junio 2019
5º EXPERIMENTA COA ENERXÍA
Aproveitando que, na materia de NATURAIS, o alumnado estudou a enerxía, propúxose a elaboración de Circuitos eléctricos para reflexionar como a enerxía se transforma e presenta en distintas formas: química, eléctrica, luminosa, cinética, calorífica...
Con todos fixemos unha Exposición, no recibidor, para que o resto do alumnado do colexio, poidese probar o funcionamento dos mesmos.
A partir dunha pila, cables, bombillas e interruptores construíronse distintos circuitos, baixo distintas presentacións (faros, muíños, estradas con semáforos...) feitos ademais con materiais de refugallo (cartóns, plásticos, papeis e teas de diversos tipos, trozos de madeira...). Resultou ser unha experiencia positiva e todos e todas apuntáronse a repetir para o ano que vén.
31 mayo 2019
5º VISITOU UN MUSEO CIENTÍFICO
Un completo Museo Científico instalouse na Biblioteca do colexio e o
alumnado de 5º foi visitalo.
A experiencia resultou moi interesante:
Logo quixemos lembrar o experimento científico que máis nos impactou polo que o escribimos nunha ficha:
29 mayo 2019
O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR
E o Alumnado de 5º Curso comprobouno moi ben na marabillosa saída que fixemos a:
* Lonxa de Cesantes: onde vestidos de divertidos choquiños fixemos unha poxa ficticia para aprender como se fai para subastar o peixe na realidade:
*
Mercado de Redondela, onde percorremos os distintos postos e aprendemos
moitas cousas sobre os peixes que alí se estaban a vender.
* Porto de Cesantes: Onde un mariñeiro, o patrón de Nolosé, explicounos como faenaba cada día na pesca de baixura e con que artes se capturaba o choco:
*Praia de Cesantes: Onde aprendemos a mariscar ameixas e longueiróns:
*Merenda Mariñeira:
*Despedida con entrega de diplomas e outros materiais:
28 mayo 2019
INVESTIGANDO EN 5º CURSO
Como sabedes o Proxecto da Biblioteca xira arredor da Alimentación e da Cociña.
Por iso, estivemos investigando para respostar a 21 preguntas que nos propuxo a nosa titora.
Con todas as fichas cubertas confeccionamos un libro en formato papel que agora subimos a este Blog en formato dixital. Veredes que se poden aprender moitas cousas:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)