19 noviembre 2013

DÍA DOS DEREITOS DO NENO, 20 DE NOVEMBRO

A Convención sobre os Dereitos do Neno ten 54 artigos, que describen os dereitos de todos os menores de idade e piden aos países que poñan os medios necesarios para que se cumpran. Chegar a eses 54 artigos non foi doado e moitos expertos de todo o mundo traballaron durante anos para elaborar a Convención. A Convención é o tratado con máis apoio internacional: só Estados Unidos e Somalia non son Estados parte da Convención . 



Neste ano, 2013, a Convención cumpre 8766 días. (dende 1989)
Cada día lembra o compromiso da humanidade para que ningún neno, nena ou adolescente se vexa privado dos seus dereitos coma a supervivencia, a educación ou a protección.

10 noviembre 2013

IV DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

QUE É CIENCIA?
                              


Con motivo da celebración do IV Día da Ciencia en Galego o vindeiro martes 12 de novembro, a Coordinadora Galega de ENDL convida a todos os centros educativos non universitarios a participar en dúas videoconferencias vía web, na que destacados investigadores galegos da Universidade de Santiago de Compostela achegarán temáticas de interese curricular para o noso alumnado e os proxectos científicos que desenvolven na actualidade. Ademais de seguir a videoconferencia, os centros escolares que desexen participar terán a posibilidade de interaccionar con eles vía chat a través dunha sala virtual de fácil manexo.

 VIDEOCONFERENCIA PARA PRIMARIA
Título: Benqueridos insectos.
Relatora: Marilar Aleixandre. Doutora en Bioloxía. Catedrática de Ciencias Naturais de Ensino Medio. Catedrática de Didáctica das Ciencias na Universidade de Santiago de Compostela. Autora dunha extensa e premiada obra narrativa e poética.
Páxina web: 
http://www.marilar.org/
 Destinatarios: alumnado de 3º ciclo (5º e 6º) de Primaria.
Data e hora: martes 12 de novembro entre as 10:30h e as 11:30h.
OUTROS RECURSOS:RECURSOS PÁX. WEB

07 noviembre 2013

NO MAGOSTO...


Recursos para traballar
                                                    O  PERCORRIDO DA CASTAÑA
 
 INVESTIGA SOBRE O MAGOSTO CON ESTA WEBQUEST
http://www.edu.xunta.es/contidos/phpwebquest/webquest/soporte_derecha_w.php?id_actividad=21&id_pagina=1