22 enero 2022

TAREFA 4: ESQUEMA SOCIAIS, CORRECCIÓN MATEMÁTICAS, TAREFA LENGUA PARA O LUNS, 24 XANEIRO

 Ola, Teo e Xian:

Subo algunhas das tarefas feitas estes últimos días. Eu tamén estiven varios días sen ir traballar, polo que non puiden estar en contacto diario convosco. Hai tarefas que faredes cando vos incorporedes, como pasar a limpo as vosas fábulas da ra. 

1.- O esquema e as correccións que subo hoxe téndelas fotocopiadas para logo pegar nas vosas libretas cando vos incorporedes. Ide lendo e fixándovos ben.

 

 
2.- TAREFA DE LENGUA CASTELLANA PARA O LUNS, 24 DE XANEIRO
 
 
Tendes que facer os exercicios 1, 2, 3 e 5. Non é necesario copiar os cadros, téndelos fotocopiados para pegar logo nas vosas libretas.
Un bico e a ver se non vemos o luns.

18 enero 2022

3ª TAREFA DE SEXTO: CORRECCIÓN EXERCICIOS MATEMÁTICAS E SOCIAIS

 Aquí vos deixo os exercicios correxidos o luns, 17, na clase. Tamén estivemos traballando no Kamishibai que aínda non rematamos.

 
Hoxe, martes, non podo ir traballar, polo que vos subirei a tarefa feita o mércores.
Un bico

14 enero 2022

2ª TAREFA DE SEXTO (venres, 14 de xaneiro de 2022)

Ola, bo día:

Mándovos tarefa para traballar e tela feita para o luns:

1.- MATEMÁTICAS: Incorporo correxido o cálculo que mandei para Nadal. 

Empezamos o Tema 5. Incorporo esquemas para estudiar. Teño as fotocopias que teredes que pegar na vosa libreta, polo que debedes deixar libres 2 carillas da folla e despois facer estes exercicios: 1,2 e 3 da páxina 70.

 
2.- SOCIAIS: Empezamos o Tema 3. Incorporo esquema traballado en clase que podedes ir lendo e estudando. Téndelo fotocopiado, polo que o pegaredes na vosa libreta. Deixade unha carilla libre e facede os exercicios 3, 4 e 6 das páxinas 52 e 53 do libro.
 
LEMBRADE QUE OS LIBROS DIXITAIS ESTÁN SUBIDOS NA AULA VIRTUAL.
BICOS E ESPERO VERVOS O LUNS.

13 enero 2022

1ª TAREFA DO CURSO DE SEXTO (xoves, 13 de xaneiro)

 Boas queridos alumnos/as:

Desexo que canto antes estedes ben e podamos estar xuntos. Mentres irei subindo materiais traballados na aula. 

 Tendes que lelos e estudalos e, como volos estou fotocopiando, logo pegarédelos nos cadernos.

 Mandareivos facer exercicios e traballos que indicarei para que o fagades todo ben.

1.- Empezamos co feito en NATURAIS: 

 

A partir desta información e, mirando o libro dixital subido na Aula Virtual, facede os seguintes exercicios: 1,2,4,5 e 6 das páxinas 48 e 49.

Como  o caderno de NATURAIS quedou na clase, facédeos nunha folla cuadriculada que logo pegaredes nel.

2.- EXPLICACIÓN  SESIÓN ABALAR

 
Esta FOLLA pegarédela na vosa axenda que tamén vola fotocopiei. Agora, podedes lela e practicar na casa.
 É para facer cada un de vós unha diapositiva. Pero isto volo explicarei máis adiante.
3.-TEXTO KAMISHIBAI.
 
 Foi inventado na clase a partir da idea dunha compañeira. Está fotocopiado, logo téndelo que pegar na libreta de GALEGO que tendes na casa, xa que mandara inventar unha fábula sobre unha ra.
Deixade unha carilla libre para pegar ese texto e facede a continuación un debuxo sobre o texto. 
 Acompaño unha foto do mural. O debuxo, tamaño da folla da libreta será en horizontal e terá dúas partes: unha, co mural de día e, outra, cos personaxes de noite. Elixiremos un debuxo para logo ampliar e pintar entre todos.
E esto é todo por hoxe. Mañá subirei máis tarefas. Un bico.