20 marzo 2022

DÍA DA ÁRBORE: 21 DE MARZO

 Por razóns metereolóxicas adiantamos a celebración no colexio do DÍA DA ÁRBORE para o venres 18.

Enfronte do colexio, nun terreo da Comunidade de Montes de Vilar e coa axuda de Medio Rural plantamos unha morea de árbores autóctonas.

Resultou ser unha experiencia moi gratificante. Ademais os traballadores de Medio Rural fixéronnos unha demostración de como apagar lumes e démonos conta do perigoso e necesario que é o seu traballo. 

SEMANA DA PRENSA


O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do colexio propuxo traballar durante esta Semana coa prensa a partires de noticias de animais, Tema Anual da nosa Biblioteca.

 

5º e 6º participamos colgando no Taboleiro de Galego os nosos traballos.

6º elaborou un pequeno Xornal, recollendo novas, unha por cada alumno/a da clase, do Faro de Vigo que vos mostramos:

Pero ademais fixemos de xornalistas recollendo as actividades relacionadas cos animais desenvoltas no colexio:

12 marzo 2022

8 DE MARZO: DÍA DA MULLER 2.022


Este curso desenvolvemos diferentes actividades para conmemorar esta efeméride no colexio. 


Entre elas, asistimos 5º e 6º á charla impartida por unha veterinaria que nos veu mostrar o seu traballo cos animais, tema da biblio este curso. 

Acompañada por un can, trouxo con ela o seu instrumental de traballo co que trata de curar aos animais que atende na súa profesión, especialmente cans e gatos.


04 marzo 2022

ENTROIDO 2.022

 5º  participamos na celebración do Entroido que, este ano, tiña como elemento aglutinador o tema da Biblioteca, os animais.

Primeiro sexto confeccionou os carteis coas Ordes da Meca: o martes, levar un rabo; o mércores, antenas; e, o xoves, unhas ás para voar. 

disfrazouse de animais do Antigo Exipto...

E convertiuse en ras bailarinas.

ACTIVIDADES FEBREIRO:

Neste mes realizamos dúas actividades ben distintas:

   
En primeiro lugar, unha charla impartida por un membro da Policia sobre o Ciberacoso, que resultou moi interesante para o alumnado.
En segundo lugar, celebramos o Día de Rosalía, o 23 de febreiro, pintando unha flor e escribindo a palabra en galego que máis nos gustase. Logo colgámolas no recibidor do colexio.