25 diciembre 2020

TEMPO DE NADAL NO NOSO COLEXIO

 Un ano máis celebramos o Nadal no  colexio e desenvolvemos dúas iniciativas:


 

 

1ª: e participamos, xunto ao resto do alumnado, nun Concurso de postais nas que xunto a elementos navideños debía haber referencias gráficas aos deportes de inverno, tendo en conta o tema das Olimpíadas. Por atrás, había que escribir un texto dedicado a aquelas persoas coas que este ano non podiamos celebrar o Nadal polas medidas contra o Covid.



2ª: e participamos tamén na inicitaiva solidaria de recollida de alimentos para colaborar co Banco de Alimentos de Vigo:

13 diciembre 2020

ATLETA POR 1 DÍA

 Se és un alumno/a de 5º debes cubir esta enquisa. Elixe a modalidade de Atletismo que che guste para representar o xesto .  PREME AQUI

https://forms.gle/zvvbr6APBWdmj7Zp9

27 noviembre 2020

ACTIVIDADE DE ÉRGUETE SOBRE SAÚDE


A asociación Érguete acudiu en dúas ocasións ao noso colexio para impartir charlas sobre a Saúde ao alumnado de 6º de Primaria, en concreto, sobre o malignas que son para o noso corpo e a nosa mente as drogas.

  

  

Que mellor resume da actividade que o realizado a través da redacción dunha alumna da clase e que sensata é a súa opinión persoal.

18 noviembre 2020

25 DE NOVEMBRO 2.020: DÍA CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA


Para este 25 de novembro estamos preparando distintas actividades.
En 5º e 6º, miraremos esta curta sobre as irmás Mirabal e coñeceremos a súa loita contra as inxustizas e poa liberdade e, tamén, seremos quen de sensibilizarnos sobre o seu tráxico destino.
Para colaborar cunha iniciativa do Concello de Redondela, pintaremos bolboretas coas que decoraremos o noso cole e dependencias da nosa localidade.
Seguindo unha proposta da Biblioteca confeccionaremos unha fermosa flor de papel, practicando así a papiroflexia.
Tamén faremos carteis con slogans que denuncien a situación da violencia contra as mulleres no noso país. 
Ao final da entrada, incorporaremos fotos destas actividades:
Agora propoñemos mirar outros vídeos para reflexionar:
* "As nenas poden"
* Canción:"En Feminino e Masculino"
* Conto:"Por catro esquiniñas de nada"
*
Música: "Eles tamén poden"

* Denuncia: Os micromachismos
* Denuncia: Violencia sobre as mulleres
* Denuncia: Maltrato sutil
* Carta: A un maltratador
*Cóntao: Hai saída á violencia de xénero
FOTOS ACTIVIDADES:
* Bolboretas de 5º e 6º
 * Flores de papiroflexia de 5º
 *Bolboretas de papiroflexia de 6º
* Mural colectivo de todo o alumnado do centro: "Non máis violencia de xénero", coas nosas aportacións.

14 noviembre 2020

14 DE NOVEMBRO: DÍA MUNDIAL DA DIABETES

Conmemoramos no noso colexio a data do DÍA MUNDIAL DA DIABETES para visibilizar os problemas de saúde que teñen as persoas que teñen que vivir todos os días das súas vidas con esta enfermidade.

Buscamos información para saber en que consiste,

 elaboramos círculos azuis cos tapóns de plástico, aportados polas familias, para colaborar nesta campaña de solidariedade,


na que tamén participamose 6

Este é o VÍDEO que miramos nas dúas clases, titulado "Carol tiene diabetes".

13 noviembre 2020

MAGOSTO 2.020

VIVAN AS CASTAÑAS DO MAGOSTO

QUE SABROSAS AS CASTAÑAS DO MAGOSTO!!!

Pese a todos os pesares, referímenos ao Covid, poidemos celebrar un ano máis o Magosto no noso cole, con máis medidas de seguridade, pero coa mesma ilusión. Confeccionamos cucuruchos,

 

miramos a pais e nais asando as castañas,

comémolas quentiñas e ben separados...
e, finalmente, fixemos varios xogos, moi entretidos.
PASÁMOLO XENIAL!!!
Agora, se queredes, propoñemos
 que aprendades moitas cousas a partir desta Webquest
e que escoitedes musica.
Estes recursos foron elaborados por outros coles galegos, así que, a sacar moito proveito deles.

31 octubre 2020

CONTOS DO SAMAÍN "A MALDICIÓN DA MEIGA" E "A VIAXE ATA O ESTÓMAGO DA BRUXA" AUTORES: ALUMNADO DE 5º E 6º. OUTUBRO 2.020.

 Celebramos este 2.020, un SAMAÍN Terrorífico distinto, por mor do Covid que está a aterrorizar o seu.

O alumnado do cole, en cada curso, gravou vídeos de contos que miramos o venres, 30 nas aulas.

Este é o CONTO de titulado:

 "A Maldición da Meiga", inventado entre todos, narrado en 3º persoa  e cos pareados presentando a cada aprendiz de bruxo/a. Con esta escrita colectiva  repasamos os elementos da Narración que demos no Tema 1 de Galego.

 Podedes ver as fotos da narradora

e dos  dezaseis aprendices de bruxos/as.





Preme Aquí para ver a montaxe:  

Para ler o texto:

Este é o CONTO de , lido por un dos seus alumnos, e titulado: "A viaxe ata o estómago da bruxa"

Gustáronvos?

30 octubre 2020

CELEBRACIÓN DO SAMAÍN E RECURSOS DE MANUALIDADES, CINE, MÚSICA...

Así, de fermosa, quedou a entrada ao noso cole coa decoración do Samaín, realizada polo alumnado, na que participamos 5º Curso
e 6º.
  Na celebración do Samaín viñemos disfrazados da casa, comemos merendas de medo e miramos vídeos gravados nas clases con contos de medo.
 
Rematada a festa na escola, para as casas, propoñemos que fagades manualidades, vexades cine ou escoitedes música. 
 * Para traballar manualidades premede AQUÍ.
Para pasar medo recuperamos unha vella curta de DISNEY, de 1.929:

   

Para bailar, podedes facelo, con estes ritmos musicais: