27 febrero 2020

NAVES ESPACIAIS LUMINOSAS


 
O alumnado de Curso quixo acompañar o seu disfrace do ENTROIDO dunha pequena nave espacial con luces de cores que a iluminaban. Así puxemos en práctica o aprendido en Naturais sobre a  electricidade, construíndo un circuíto eléctrico. 
Pasos a seguir se queredes facelo:
1.- De entre varios modelos proporcionados pola titora, escollemos o que máis nos gustou e debuxamos as naves sobre un lado dun trozo de cartón e recortámolas:

2.- Colocamos o circuíto eléctrico e suxetámolo con cinta illante ou celo adhesivo por un lado do cartón:  o xerador ou pila, os cables e o interruptor para deixar pasar a corrente. O receptor ou lámpadas, por diante, para ver de fronte as luces de cores:

 3.- Pintamos a nave con témperas, como máis nos gustou, as liñas con rotulador dourado e vernizamos:
 
  Este foi o resultado:
 O produto realizado puxo en práctica este modelo de Circuíto que cada alumno/a representou nun folio:

15 febrero 2020

CHARLA SOBRE A VIOLENCIA DE XÉNERO

 O mércores 12 de febreiro acudiu ao colexio unha axente da Policía Nacional para darlle a 6º de Primaria unha charla sobre  "Violencia de Xénero". 
 Con gran claridade explicou que é a Violencia de xénero para diferenciala doutros tipos de violencia, como a doméstica. Informounos que a violencia machista agrede de moitas formas, non so de forma física. 
Tamén, a través de pequenas curtas, amosounos como detectar síntomas desta violencia e a quen pedir axuda. Por último, centrouse nos riscos de Internet aportando consellos que mozos/as deberían seguir para estar máis seguros.

LIBRO VIAXEIRO

A Biblioteca propuxo escribir, entre todas as aulas, un Libro Viaxeiro para ler en formato de Kamishibai. A temática debería estar relacionada co Cine.
  iniciaríao e escribiría o final.
  Para empezar a tarefa encomendada a , todos e todas, aportamos ideas para o argumento da historia e bocetos para ilustralo. O inventado será continuado por outras aulas.
Esta é historia creada.
Esperemos que vos guste:

06 febrero 2020

MALETA VIAXEIRA: IGUALDADE

O 3 de febreiro de 2.019 chegou a 6º de Primaria a Maleta Viaxeira da Biblioteca, dotada dunha morea de materiais para ler, traballar en comprender o tema da Igualdade.
Contén títulos moi suxestivos:
 "Malala. Por el derecho de las niñas a la Educación", "Un mundo de mujeres extraordinarias", "Las historias más bellas de mujeres valientes", "Mujeres exploradoras", "Las niñas serán lo que quieran ser", "El niño que no quería ser azul y la niña que no quería ser rosa", "Clara Campoamor. El primer voto de la mujer", "Billy y el vestido rosa", "Ahora me llamo Luisa",  "La niña que tenía dos papás", "O país dos mandóns", "Marie Curie"...
Estamos lendo os libros con moito interese porque so temos dúas semanas para facelo, xa que o 17 de febreiro viaxará á clase de . Os seus alumnos/as están desexosos de tela pronto con eles.