12 diciembre 2019

25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Dende hai anos, cada 25 de novembro, conmemoramos esta data para denunciar a situación que viven moitas mulleres no mundo, tamén en España.
O alumnado de 6º, en Valores, investigou sobre o significado da data, por que se celebra cada 25 de novembro e dende cando, que tipos de violencia sofren as mulleres, cales son as máis vulnerables... 
Debatemos sobre os DATOS ALARMANTES proporcionados pola O.N.U.
  Recompilada a información, comentámola e fixemos un MURAL que colocamos diante da porta da nosa aula:
Ademais o alumnado de 5º e 6º visinou, na Hora de Ler, curtas de cine infantil, onde se amosa a educación que dende pequenos recibimos nenos e nenas e como os roles sexistas transmitidos inflúen nas nosas condutas. Logo escribimos as conclusións, de ambas as dúas aulas, nun modelo proporcionado pola Biblioteca.


MAQUETAS PARA COÑECER O RELEVO

 Na materia de Sociais, en 6º curso, estivemos estudando o Relevo e a Hidrografía de Galicia, España e Europa, ademais de conceptos básicos como que é un río e as súas partes ou que é un val, unha depresión, unha cordilleira...
 Unha compañeira, Ángela, construiu varias maquetas para afondar de forma práctica nestes coñecementos:
Foi sinxelo de facer. Sobre Mapas de Relevo representou, con plastilina de cores: ríos, montañas, vales, depresións, penínsulas, arquipélagos e illas... Finalmente, colocou os nomes máis significativos escritos nun papel pegado a un anaco de escarvadentes. Este foi o resultado:

05 diciembre 2019

PROFESIÓNS DO CINE

O alumnado de 6º Curso quere mostrarvos este material de elaboración propia que leva por título: "AS PROFESIÓNS DO CINE"un Powert Point para coñecer  tarefas realizadas por distintos profesionais na elaboración dunha película. Seguro que moitas delas resúltanbos moi curiosas...


Para a elaboración do traballo seguimos estes pasos: 
1.- A titora recompilou 21 profesións para ser investigas. 
2.- Logo, adxuntou enlaces onde buscar información en Internet.
3.- Repartimos as profesións, unha para cada alumno/a. 
4.- Iniciamos a investigación, lendo todos os enlaces.
5.- Seleccionamos o que nos pareceu máis importante, resumímolo e escribimos unha breve definición da profesión.
6.- Elaboramos unha diapositiva por alumno/a, tecleando o texto no ordenador e pegando unha foto relacionada co mesmo.  
Contamos coa axuda da Titora e da Coordinadora Abalar.
POR ÚLTIMO, IMPRIMIMOS AS DIAPOSITIVAS E COLOCAMOS UN MURAL NO CORREDOR DA NOSA AULA PARA SER VISTO POR TODOS.

28 noviembre 2019

DE EXCURSIÓN A NATURNOVA E O CINE

O xoves, 22 de novembro, fomos a
e alí interactuamos nun montón de experiencias, distribuídas en tres salas (Planeta Terra, Sistema Solar  e Home) que nos serviron para reflexionar sobre a necesidade de coidar o medio ambiente, reciclar e apostar polas enerxías non contaminantes...
 Gozamos dunha sesion de Cine en 3D asistindo a unha Proxección sobre fondos mariños da Ría de Vigo e a sala era, nada menos, a recreación dun submarino...
Antes de marchar fixemos fotos:
 Logo fomos ao Teatro AFundación a asistir á Proxección de dous documentais dentro da XXIX Semana de Cine Submarino, un deles sobre o salmón.

UN MAGOSTO DE CINE NO 2.019

Unha vez máis celebramos o Magosto, algo tarde este ano esperando un día sen choiva; mais pasámolo xenial como as veces anteriores: comemos sentados, nunha alfombra vermella de cine, castañas asadas pola ANPA, moi saborosas, e choripan, que rico...
Axudamos aos peques  a pelar castañas...
 Cantamos e tocamos coa frauta unha canción ensaiada co mestre de música...

E, finalmente, pasamos un bo anaco cos xogos onde lembramos películas e personaxes de cine. Estes foron os carteis preparados por 5º e 6º:

26 noviembre 2019

DESCUBRINDO O UNIVERSO

Durante o primeiro trimestre, alumnos e alumnas de 5º de E.P. investigaron distintos aspectos do universo. Os temas elixidos foron o Big-Bang, a extinción dos dinosaurio, a vida noutros planetas, a auga na Terra, a nosa estrela o Sol e a nosa galaxia, A Vía Láctea.
Fixemos, ademáis, exposicións orais e presentacións con diapositivas. O proxecto resultounos moi interesante.

22 noviembre 2019

14 noviembre 2019

MALETA DE CIENCIAS, MATEMAXIA E EXPERIMENTOS

Chegou, dende a Biblioteca, á aula de , a MALETA DE CIENCIAS, que logo enviaremos a . Dentro suxerentes materiais para realizar experimentos, coñecer inventos e outras informacións sobre temas científicos. Estará dúas semanas en cada clase e así celebraremos o Mes da Ciencia en Galego (Novembro).
Ademais, e 6º, participamos nun Obradoiro de "MATEMAXIA",

 aprendendo moitas cousas novas, como os números binarios, que asemellaban trucos de maxia, pero que, en realidade, tiñan unha explicación matemática. A actividade fíxonos pensar, razoar, sorprendernos e pasalo moi ben!
O "Matemago" contou con distintos colaboradores de e para levar a cabo os trucos-razoamentos.
Por outra banda en en Naturais  estudamos distintos reinos de seres vivos: Moneras, Protoctistas e Fungos. Dentro destes hai fermentos, cogomelos e mofos.
Ángela fixo un experimento de cultivo de mofos, elaborando unha pequena ficha:

07 noviembre 2019

UN SAMAIN DE CINE

Un novo curso celebramos o SAMAIN, pero nesta ocasión ambientado no CINE, tendo en conta o Proxecto da Biblioteca.
Días antes, o alumnado de 5º e 6º fixo adornos relacionados con esta "terrorífica" tradición celta, que as titoras usamos para decorar o noso corredor.


 Ambientamos as portas das aulas que quedaron así de medorentas...
Colocamos no corredor as cabazas que, con ambientación cinematográfica, confeccionaron alumnado e familias de 5º e 6º.
 Tamén acendemos os cirios que con botes de cristal decorou 5º.
E, chegado o día, traspasamos con valor a escuridade do recibidor do colexio e do noso corredor.
 Fixemos unha morea de actividades: bailamos na discoteca e fixemos unha merenda de medo, lemos contos terroríficos, 
 miramos a película de Tim Burton "Frankenweenie" que nos gustou moito
Pasámolo xenial toda a mañá!
Como tamén algo hai que traballar investigamos cos ordenadores ao director TIM BURTON e fixemos unha Crítica de cine "Frankenweenie".
Este é o resultado: