24 abril 2021

REVITALIZA

 ede Primaria, xunto ao resto do colexio, participou na actividade "Revitaliza", toda unha lección de por que se debe usar a compostaxe para obter abono natural.

 Houbo unha primeira charla, acompañada de imaxes ilustrativas, impartida por Antón que, enseguida conectou co alumnado, contando datos chamativos que podedes ler nas redaccións do alumnado de 5º.

Unha segunda sesión práctica, impartida por Ana ao aire libre, na que ensinou como se constrúe unha composteira dentro da experiencia educativa titulada "Quen vive aí ?" 

Elementos necesarios para facer unha composteira: o extruturante e o aireador:
Pasos seguidos para montar a composteira:



Para saber máis, atentos á lectura das redaccións:

18 abril 2021

CONCURSO DAS " 3 M"

  

Como sabemos este curso está marcado pola existencia da pandemia do Covid. Iso obrigounos a adaptarnos a facer as actividades e celebracións escolares dunha forma nova, pero non deixamos de conmemorar unha morea delas.

Tamén aprendemos e practicamos a nivel de aula unha serie de normas de hixiene e distancia social, que logo plasmamos nun cartel individual que cada alumno/a realizou para participar nun Concurso e que pegamos nos corredores.

 

 

Houbo tres carteis seleccionados, un por Educación Infantil, outro polo corredor do piso de abaixo (1º, 2º e 3º de Primaria) e outro polo do piso superior (4º, 5º e 6º). O cartel premiado dos maiores foi o de Teresa Montesino,  de 5º.

Este foi o acto de entrega dos premios de 4º, 5º e 6º:

 FELICIDADES TERE

10 abril 2021

21 DE MARZO: DÍA DA POESÍA

 Como todos os anos celebramos o DÍA  DA  POESÍA  no noso colexio. Nesta ocasión, buscamos poesías relacionadas cos xogos e deportes olímpicos, tendo en conta o tema da Biblioteca deste curso.

Así, por exemplo, 5º de Primaria, leu a poesía titulada " A CORRER" e cada alumno/a debuxou o seu contido. 

Aquí deixamos dous modelos representativos:

CHARLAS DE IÑAKI ZUBIZARRETA SOBRE ACOSO ESCOLAR - MES DA SAÚDE SOCIAL -

 

  e de Primaria participaron en dúas charlas telemáticas cun famoso xogador de baloncesto, Iñaki Zubizarreta

Na primeira, o 11 de marzo, Iñaki referiu con total sinceridade o sufrimento que experimentou cando, sendo neno, sufriu acoso escolar.



No segundo encontro telemático, o 18 de marzo, contestounos as preguntas que quixemos facerlle,  logo da semana que pasara tras o primeiro contacto. As súas respostas foron igual de impactantes, con varias mensaxes: cando unha persoa sofre acoso escolar ten que pedir axuda e ninguén pode mirar para outro lado cando é coñecedor/a dunha situación de acoso.

HAI QUE DENUNCIAR.

O alumnado de , en Valores, investigou a traxectoria de Iñaki e sobre o acoso escolar. Este é o resultado do traballo: