26 junio 2020

"REPASANDO 6º NO VERÁN"

Queridísimos alumnos/as:
Acabou o curso, por fin! Todos/as aprendestes e vos esforzastes moito. Por todo iso e, polos meses tan duros que pasamos, merecemos un Feliz Verán. Gozade coa familia e amigos, facede deporte, colaborade na casa, vede películas, escoitade música, paseade...
Pero atopade un anaco de tempo para repasar o aprendido e tamén para ver e traballar naqueles contidos que non poidemos explicar na clase e que vos subo nas  seguintes cinco Entradas:
Lengua
 Galego
 Naturais
Sociais
Matemáticas
Lede todos os días, repasade caligrafía e ortografía facendo pequenos ditados e redaccións sobre o que facedes no verán. A ver quen se anima a escribir un diario. Repasade as táboas de multiplicar, facede cálculo, repasade problemas...
MOITOS BICOS!!!

"REPASANDO 6º NO VERÁN" : LINGUA GALEGA

LINGUA GALEGA
Lembrádevos de todo o traballado durante o Estado de Alarma: moitas foron actividades de reforzo e recuperación; outras, de ampliación. Agora incorporo os contidos que non deu tempo a explicar polo confinamento; son dos temas 9, 10, 11 e 12. Moitos sonaranvos de 5º Curso.










 

"REPASANDO 6º NO VERÁN" : LENGUA CASTELLANA

LENGUA CASTELLANA

No tempo do confinamento repasamos moitos contidos da materia e avanzamos noutros dos temas 9, 10, 11 e 12. Podedes ver as entradas anteriores de Lengua para repasar. Agora déixovos o que non deu tempo de traballar, pero que xa demos en 5º Curso.












"REPASANDO SEXTO NO VERÁN" : NATURAIS

NATURAIS
Lembrade que durante o confinamento estivemos estudando o tema da Reprodución Humana. Podedes repasalo cos textos e vídeos que subín. Agora incorporo o único tema que non demos. Pero, atención, parte do seu contido traballámolo en 5º Curso.













"REPASANDO SEXTO NO VERÁN" : SOCIAIS

SOCIAIS
Durante os meses de confinamento fixemos moitos traballos dos temas 5 e 6 sobre a Historia de España nos séculos XIX  e XX:
* A Guerra de Independencia
*O reinado de Fernando VII e a Lei Sálica
* A II República
*A Guerra Civil Española
* A Dictadura de Franco
*A Transición Española
*A Constitución de 1.978
Quedounos por investigar sobre a Cultura e a Arte. Iso é o que vos propoño; a partir desta teoría, facede os exercicios.




 PODEDES VOLVER A LER O QUE VOS SUBÍN DE SOCIAIS PARA CONTESTAR OS TRABALLOS QUE CITEI ANTES E ASÍ TEREDES UNHA VISIÓN MÁIS COMPLETA.
REPASADE OS MAPAS QUE ESTUDAMOS AO LONGO DO CURSO