22 mayo 2021

FESTA DAS LETRAS GALEGAS

 
Logo do festivo das Letras Galegas (17 de maio) celebramos esta data no noso colexio ao día seguinte, martes 18. 

Fixémolo por ciclos para gardar todas as medidas de seguridade.

 

A actuación de e consistiu no recitado de versos de Xela Arias, poetisa á quen se lle adica o Día das Letras Galegas neste 2.021.


 Rematamos cantando o Himno Galego


 

Como sabedes o noso colexio participou nun Concurso da Xunta resultando gañador. Cada clase elaborou un cartel reflectindo a vida e obra de Xela Arias. Estes son os de e :


16 mayo 2021

UNS MAIOS MOI ARTÍSTICOS

  

 Unha vez máis houbo que tirar de imaxinación para realizar unha celebración típica do noso colexio: OS MAIOS.

Non podiamos elaboralos entre todos e todas por mor da pandemia e cos seus elementos naturais: fiuncho, flores variadas coas que facer guirnaldas, ovos, laranxas...

E, polo que, cada clase confeccionou un MAIO artístico, facendo flores e demais elementos decorativos con papeis, pompóns... de diverso tipo. 

 


Pero o resultado foi espectacular. Antes, as familias, compuxeran coplas nas casas que foron seleccionadas polo Equipo  de Dinamización da Lingua Galega e repartidas para ser cantadas polos distintos cursos.



Foi unha celebración moi especial que realizamos por cursos.


E, para lembrar como se fai un MAIO de verdade, colocamos nunha mesa todos os elementos naturais que o compoñen: