25 octubre 2019

24 outubro 2019

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
Co gaio da celebración deste día, @s alumn@s de 5º e 6º de primaria visitamos a biblioteca do noso cole onde desenvolvimos distintas actividades relacionadas co noso proxecto de centro "Luces, cámara, acción..."
Unha das actividades foron lecturas de cine
 
alumn@s de 6º lendo E.T.
Outra das actividades que levamos a cabo foi o visionado da primeira curtametraxe realizada co CINEMATÓGRAFO dos irmáns Lumiéré : O Regador Regado.
alumn@s de 5º durante a proxección da curtametraxe

11 octubre 2019

ESPAZOS PROTEXIDOS


Un Espazo Protexido é unha área terrestre ou mariña creada para conservar a súa fauna e a súa flora, limitando ou prohibindo algunhas practicas dentro delas. Para que un lugar sexa Espazo Protexido, ten que cumprir unha serie de requisitos, como ser un ecosistema singular, ter escaso impacto humano, ser un espazo que non rompe a harmonía dos seus ecosistemas, etc.
Hai moitos tipos de Espazos Protexidos como Parques Nacionais e Parques Naturais, reservas naturais, paisaxes protexidas...
Agora imos fixarnos nun deles: o Parque Natural das Fragas do Eume, un ecosistema que temos que protexer, pero do que tamén se pode gozar coñecendo dun xeito responsable, respectando as normas que se lle establecen os visitantes. Este foi o caso da visita realizada pola titora de 6º no mes de agosto de 2.019.
 Fotos  da beleza da súa paisaxe:
PARA TER MÁIS INFORMACIÓN PODEDES PREMER AQUÍ

03 octubre 2019

6º DE PRIMARIA CO CINE


 Como sabedes o Proxecto da Biblioteca deste curso está relacionado co marabilloso mundo do CINE. Aprenderemos moitas cousas: a súa orixe, as profesións relacionadas con el, os xéneros cinematográficos... Miraremos moitas películas e curtas, elaboraremos un documental...
 
Para empezar, os alumnos de 6º Curso iniciamos un Proxecto relacionado co Cine Galego e cun dos seus directores actuais: Ignacio Vilar que estivo rodando hai uns días en Redondela a película que leva por título "María Solinha"
Nós asistimos a rodaxe deste filme, onde actuamos de figurantes e fixémoslle logo unha entrevista ao director.
Antes investigamos para coñecer a súa filmografía e vimos unha película súa titulada "Pradolongo". ATENTOS AS PRÓXIMAS ENTRADAS ONDE TRASLADAREMOS OS NOSOS TRABALLOS!!!