31 octubre 2020

CONTOS DO SAMAÍN "A MALDICIÓN DA MEIGA" E "A VIAXE ATA O ESTÓMAGO DA BRUXA" AUTORES: ALUMNADO DE 5º E 6º. OUTUBRO 2.020.

 Celebramos este 2.020, un SAMAÍN Terrorífico distinto, por mor do Covid que está a aterrorizar o seu.

O alumnado do cole, en cada curso, gravou vídeos de contos que miramos o venres, 30 nas aulas.

Este é o CONTO de titulado:

 "A Maldición da Meiga", inventado entre todos, narrado en 3º persoa  e cos pareados presentando a cada aprendiz de bruxo/a. Con esta escrita colectiva  repasamos os elementos da Narración que demos no Tema 1 de Galego.

 Podedes ver as fotos da narradora

e dos  dezaseis aprendices de bruxos/as.





Preme Aquí para ver a montaxe:  

Para ler o texto:

Este é o CONTO de , lido por un dos seus alumnos, e titulado: "A viaxe ata o estómago da bruxa"

Gustáronvos?

30 octubre 2020

CELEBRACIÓN DO SAMAÍN E RECURSOS DE MANUALIDADES, CINE, MÚSICA...

Así, de fermosa, quedou a entrada ao noso cole coa decoración do Samaín, realizada polo alumnado, na que participamos 5º Curso
e 6º.
  Na celebración do Samaín viñemos disfrazados da casa, comemos merendas de medo e miramos vídeos gravados nas clases con contos de medo.
 
Rematada a festa na escola, para as casas, propoñemos que fagades manualidades, vexades cine ou escoitedes música. 
 * Para traballar manualidades premede AQUÍ.
Para pasar medo recuperamos unha vella curta de DISNEY, de 1.929:

   

Para bailar, podedes facelo, con estes ritmos musicais: 

29 octubre 2020

CORONAVIRUS E SAÚDE

 En estamos estudando a SAÚDE no TEMA 4 de NATURAIS.

Coñecemos as enfermidades infecciosas contaxiosas, entre elas a do CORONAVIRUS, que tanto está afectando ás nosas vidas.

Propóñovos unha TAREFA de INVESTIGACIÓN seguindo as preguntas desta Ficha.

 

Para facer a Tarefa preme en

 COVID - 19.

Para coñecer a HIXIENE fronte ao CORONAVIRUS: Preme en lavar as mans ben.

 Mira tamén estes Vídeos para axudarte no traballo:

25 octubre 2020

24 DE OUTUBRO: "DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES"

  Neste curso 2.020/21 celebramos o Día das Bibliotecas, pero doutro xeito. Por mor do COVID, non podemos ir todos xuntos visitar a Biblioteca e facer a lectura que, cada 24 de outubro, inagura a súa actividade. Agora o aforo non pode superar os 12 alumnos/as, polo que temos que organizar quendas.

O venres, 23, empezou o alumnado de que escoitou unha lectura relacionada coa temática anual da Biblio: "As Portolimpíadas" e recolleu o seu Marcapáxinas para pintalo.

 

 

Mentres o alumnado de coñecía que libro vai ler o mércores, 28, relacionado coas Olimpíadas e acababa de pintar o Marcapáxinas olímpico.

 

12 octubre 2020

ESTUDANDO A IDADE ANTIGA EN 5º

 Estudada a PREHISTORIA, avanzamos no tempo e entramos na HISTORIA, coa invención da ESCRITURA. 

Dentro da HISTORIA hai distintas etapas. Empezaremos coa IDADE ANTIGA, é dicir, estudaremos a EXIPTO, GRECIA e ROMA. 

Despois da explicación da ficha entregada pola mestra, miraremos estes vídeos para facer a TAREFA 2:

03 octubre 2020

ESTUDANDO A PREHISTORIA EN 5º

 O curso pasado, o alumnado de 5º, a causa do confinamento, non pudo traballar os contidos de Sociais da Prehistoria e da Historia  coa Idade Antiga.

É, por iso, que empezamos coa 

PREHISTORIA

Podemos saber moitas cousas dela mirando estes vídeos. Esta información máis as Fichas explicadas pola mestra serviranvos para facer a TAREFA 1.