29 octubre 2021

UN SAMAÍN MOI ANIMAL


 

Tendo en conta o Proxecto "Animaladas", celebramos o SAMAÍN pedindo ás familias que decorasen nas casas cabazas en forma de animal: cans, gatos, vacas, porcos, morcegos, leóns, ourizos, polbos...

Antes nas aulas fixemos adornos para decorar as clases, corredores e a entrada do colexio:



e participamos en todas as actividades e inventamos un Conto para ler entre ambos os dous cursos.

 

Fixemos merendolas e miramos películas de medo.

FELIZ SAMAÍN 2.021

22 octubre 2021

24 DE OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES


Xa que o 24 de outubro, este ano, coincidía en domingo, decidimos celebrar o "DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES", durante a semana anterior.  
e fíxoo na súa HORA de BIBLIOTECA.

Fixemos marcapáxinas,

lecturas do Proxecto "Animaladas",

e repartimos as Mochilas Viaxeiras que saíron para as casas.

A gozar da LECTURA!!!

15 octubre 2021

A MELLOR CURTA PARA PROMOCIONAR A LECTURA

Achégase o 24 de outubro, Día das Bibliotecas Escolares. 
Faremos marcapáxinas, repartiranse as Mochilas Viaxeiras, faremos unha lectura relacionada co Proxecto "Animaladas" e... moitas, moitas cousas máis ao longo do curso.
Mentres tanto, para ir "facendo boca"
mirade este maravilloso vídeo.
 

O RELEVO DE ESPAÑA E GALICIA

 Estivemos confeccionando mapas para estudar o relevo de España e de Galicia.

 Este foi o resultado:


TAREFA DE INVESTIGACIÓN: OS VOLCÁNS

 Estas semanas estamos impresionados/as polas noticias sobre o volcán "Cumbre Vieja" que entrou en erupción na illa da Palma, en Canarias. Por iso, fixemos unha Tarefa de Investigación e o noso traballo resumímolo en tres fichas:

11 octubre 2021

XA CONTAMOS COA AUXILIAR DE CONVERSA

 

 Chegou ao noso colexio para estar connosco durante todo o curso, KIRA, procedente de EEUU. Recibímola con moito cariño e e fotografámonos con ela diante dun Mural confeccionado entre todos os cursos para darlle a benvida, titulado "Welcome Kira to our school"

 

4 DE OUTUBRO: DÍA MUNDIAL DOS ANIMAIS


Para conmemorar esta data relacionada co Proxecto da Biblioteca "Animaladas" o alumnado que quixo trouxo fotos das súas mascotas e con todas fixemos un fermoso Mural titulado "Animaladas coas mascotas"

5º e 6º participamos nesta actividade, moi orgullosos dos nosos animais máis queridos.


01 octubre 2021

INVESTIGACIÓN: PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS

NO TEMA 1 DE SOCIAIS ESTUDAMOS DISTINTOS ESPAZOS PROTEXIDOS DO NOSO PAÍS E O SEU LUGAR DE UBICACIÓN.

LOGO INVESTIGAMOS SOBRE O PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS. ESTE É O RESULTADO: