30 abril 2020

PROPOSTA TRABALLO 5º xoves 30 abril

Bos días:

Supoño que xa todos e todas botastes un ollo aos libros dixitais. Lembrade que puxen as claves no grupo de WhatsApp. Veríades que, ademais do texto, hai actividades interactivas moi interesantes. Ben, a partires do luns traballaremos un pouco ese tipo de actividades, pero para hoxe teño algo mellor...

TALLER DE ESCRITURA:

ENSALADA DE CONTOS!

Unha vez rematado sería bo que fixerades unha lectura en voz alta, para detectar os erros se os houbese.
 Cando rematedes a actividade podedes enviar o voso traballo ao meu correo iguago@gmail.com. Xa estou desexando ler as vosas creacións.

- CORRECCIÓN FICHA L. Castellana ( a de onte)

Moitos bicos




29 abril 2020

DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA CASA

ASÍ PRACTICAMOS  ACTIVIDADE FÍSICA/XOGOS TODOS
" ALUMNOS/AS, FAMILIAS, E PROFESORES"
(amplia varias veces a imaxe.)
Continuaremos practicando actividade física/xogos e participando na actividade de "Conectados polos xogos". Cando rematemos  faremos outra actividade como esta con outra imaxe do colexio. 

Entra neste enlace do blogue deportivo e fai un comentario. (lembra que para facer o comentario debes ter primeiro aberta a túa conta de gmail. Non te esquezas de revisar as faltas de ortografía). Se non consegues facer o comentario envía un correo a alumnosabalar@gmail.com