31 marzo 2020

PROPOSTA TRABALLO 5º martes 31 marzo 2020

Bos días:
As actividades propostas para hoxe....
-Mates: páx 118 nº 1, 2, 3, 4. Podedes volver a visualizar os videos do venres 27 se tedes dúbidas.

- CC.SS.: páx 94 e 95 lemos o texto e resolvemos as actividades nº1, 2, 3, 4, 5, 6 e 7
Bicos




30 marzo 2020

NOVO ENLACE RECURSOS DIXITAIS DE NATURAIS DE 6º CURSO

QUERIDOS/AS ALUMNOS/AS:

Portada

Os recursos, que vos propuxen traballar nunha Entrada anterior con eles, non funcionan de xeito interactivo. 
Para que poidades traballar interactivamente  debedes  enviar un correo a alumnosabalar@gmail.com e se vos dará de alta.

PROPOSTA TRABALLO 5º luns 30 marzo 2020

Bos días:
Aquí van as actividades para hoxe:
-Mates: páx 117 nº 4, 5, 6 e 7. No exercicio de facer en parella podedes pedir axuda a vosa familia.

 -L. Castelá: páx 95 nº 5 e 6. Pedide axuda para facer o ditado, lédeo primeiro e logo contade as faltas.
Non fagades trampa!!!
Bicos.




PROPOSTA DE TRABALLO PARA ÁNGELA

Queridísima alumna:

Desexo que estes moi ben, igual que a túa familia.Teño moitas ganas de verte e de que traballemos xuntas de novo. Penso que ti tamén!
Espero que nas dúas semanas que levas na casa, traballaras no que marquei.
Se non é así, axiña remata porque mando máis traballo.
 Á volta correxirémolo todo. 
Lembra os meus consellos e  traballa que o día dá para facer todo tipo de actividades, non so as de lecer. Tes o Horario na Axenda.

Ademais as túas Propostas de Traballo aparecerán na Páxina Web do colexio dentro dunha Carpeta que pon 6º de PRIMARIA. Recomendo que vexas tamén a Carpeta de Orientación, con todo tipo de actividades de repaso. 

Un bico
Mª José

Empezamos:

*1.- HORA DE LER

"CHOIVA DE RAS"
Espero que xa remataras a lectura deste libro que conta a historia da ra máis mona do lugar, RaMona.
Se non é así, veña a acabalo, que tes que facer unha 
FICHA DE LECTURA.

Copia na libreta de Galego os enunciados e vai contestando un a un a bolígrafo, con letra clara e sen faltas de ortografía. Faino nunha folla a parte, onde non haxa outras actividades. 

Contará como nota para a 3ª Avaliación.
  
FICHA DE LECTURA

*TÍTULO DO LIBRO:
*AUTORA:
*EDITORIAL:
*ANO DE PUBLICACIÓN:
*Nº DE PÁXINAS:
*DIVISIÓN EN CAPÍTULOS CO TÍTULO DE CADA UN:
 *PROTAGONISTA DA HISTORIA:
*GUSTOUME/ NON ME GUSTOU PORQUE...


 *2.- NATURAIS

TEMA: A NUTRICIÓN

*Para que te axude no repaso do tema incorporo un enlace para interactuar con actividades dixitais e afianzar os contidos: pincha enriba da palabra Nutrición e logo enriba de ANAYA e busca o TEMA 3 onde atoparás todos estes recursos:
 
- Traballa coa imaxe do aparato dixestivo

-Vídeo da dixestión

-Identifica as partes do aparato respiratorio

-Aparato respiratorio

-Identifica as partes do corazón

-Completa as frases I

-Completa as frases II

-Organización da información

-Test  de Avaliación da Unidade

E, se queres facelo voluntariamente:

- Como construir un modelo de pulmón

  *INVESTIGACIÓN CORONAVIRUS 
(Afecta ao  aparato respiratorio)

Copia este esquema na libreta de Naturais e contesta con bolígrafo un a un cada apartado:

-TÍTULO: "O CORONAVIRUS"
-QUE É:
- CALES SON AS SÚAS CARACTERÍSTICAS:
- DEBUXÁMOLO:
 -COMO SE TRANSMITE:
-CALES SON OS SEUS SÍNTOMAS:
-CAL É O PAÍS DO MUNDO ONDE APARECEU:
-CITA PAÍSES AFECTADOS:
-INCIDENCIA EN ESPAÑA (contaxiados e mortos):
-INCIDENCIA EN GALICIA (contaxiados e mortos):
-CITA MEDIDAS LEVADAS A CABO PARA LOITAR CONTRA EL:
  
Coida a presentación, faino a bolígrafo e co debuxo pintado e, claro está, en Galego. Contará para a 3ª Avaliación.

 *3.- SOCIAIS
   
*Estas a facer na escola o mapa de Europa con plastilina. Rematarémolo á volta. 
 Podes repasar os nomes dos países europeos practicando nestes Mapas Interactivos de EUROPA. Pincha aquí

* INVESTIGACIÓN sobre un país da UE (por exemplo España)que aporte esta información:

-NOME DO PAÍS: ESPAÑA

-CAPITAL:

-IDIOMA/S:

-EXTENSIÓN:

-Nº DE HABITANTES:

-FORMA DE ESTADO (MONARQUÍA OU REPÚBLICA):

-ANO DE ENTRADA NA UE: 

-DEBUXA O MAPA E A BANDEIRA.

Faino na libreta de Sociais, en galego, a bolígrafo, nunha folla onde non haxa outras actividades, copiando este esquema que te adxunto arriba.

Contará para a 3ª Avaliación
 
* 4.- LENGUA CASTELLANA

Proporciónoche uns cuadernillos de repaso. Non te preocupes, son moitas fichas, seino. Selecciona ti as que queiras facer. Ou ben as imprimes, ou ben as copias na túa libreta e con calma vas facéndoas na libreta. Moitas actividades podes facelas oralmente, cun adulto que te axude:



Pincha enriba de   LECTURA E COMPRENSIÓN

e poderás ler moitas lecturas distintas e contestar preguntas de comprensión, tamén oralmente. Tamén podes facer pequenos ditados cada día copiando un pequeno fragmento de cada lectura para mellorar a ortografía. 

5.- MATEMÁTICAS

*Segue repasando as táboas de multiplicar para facer ben o teu cálculo.
* Apórtoche cuadernillos de desenvolvemento da intelixencia e de repaso. Teñen abundantes fichas, non te preocupes. Coa axuda dun adulto vai seleccionando para facer actividades variadas de razoamento; de cálculo: sumas, restas, multiplicacións, divisións; descomposición de números; escrita ou lectura de números; resolución de problemas; diñeiro con billetes e moedas... Non fagas aquelo que aínda non traballamos. Quedará para máis adiante.
Moitas das fichas pódelas resolvelas oralmente fixándote na pantalla do ordenador

29 marzo 2020

PROPOSTAS 6º PRIMARIA (30 MARZO - 10 ABRIL)

QUERIDÍSIMOS ALUMNOS/AS:
Desexo que esteades todos e todas moi ben, igual que as vosas familias.Teño moitas ganas de veros e de que traballemos xuntos de novo. Penso que vós tamén!
Espero que nas dúas semanas que levades nas casas, traballarades no que marquei.
Se non é así, axiña rematade porque mando máis traballo.
 Á volta correxirémolo todo. Lembrade os meus consellos e  traballade que o día dá para facer todo tipo de actividades, non so as de lecer. Tendes o Horario na Axenda e os libros nas casas polo que non hai desculpa.
Por favor, como sei que os vosos pais/nais teñen un grupo de WhatsApp, o primeiro/a que lea esta información que a traslade para que ninguén quede descolgado. Poñédevos en contacto, por favor, con Álex Montenegro e Rubén, que non viñeron a buscar as tarefas que están na Entrada do Blog do 16 de marzo, tal e como vos indiquei na Folla de Instrucións. Mario dille a Ángela que lle porei a súa tarefa a parte nunha Entrada que dirá TRABALLO ÁNGELA.
Todos os demais ide mirando as distintas Entradas que farei, unha por cada materia e nesta orde: HORA DE LER,  MATEMÁTICAS, CASTELÁN, GALEGO,  NATURAIS e  SOCIAIS.  
Non vos agobiedes, é para dúas semanas, pero traballade en cada materia, como dixen, seguindo o Horario de clase.
Un bico para todos/as
Mª José

* EMPEZAREI  COA  ENTRADA  da    HORA DE LER.
C0mo son 8 Entradas distintas e con explicacións longas, ademais da Páxina Principal, buscádeas nas Entradas Antigas do BLOG, sendo a última  Entrada unha co mesmo contido desta.
Ademais estas Propostas de Traballo de 6º aparecerán na Páxina Web do colexio nunha Carpeta que pon 6º de PRIMARIA. Recomendo que vexades tamén a Carpeta de Orientación, con todo tipo de actividades de repaso.

HORA DE LER: "CHOIVA DE RAS"

"CHOIVA DE RAS"

Espero que xa rematarades a lectura deste libro que nos conta a historia da ra máis mona do lugar, RaMona.

Se non é así, veña a acabalo, que tendes que facer esta FICHA DE LECTURA. Copiade na libreta de Galego os enunciados da Ficha e ideos contestando, un a un a bolígrafo, con letra clara e sen faltas de ortografía. Facédeo nunha folla a parte. 
Contará como nota para a 3ª Avaliación.
 SEGUIDE O HORARIO DE CLASE



PROPOSTAS DE MATEMÁTICAS 6º (30 MARZO-10 ABRIL)

TEMA 8

*1.- Temos explicado:

 +Magnitudes directamente proporcionais.
 + Reducción á Unidade.
 
*2.- Os exercicios da páxina 113: 1-4 correxirémolos á volta.

*3.- Seguiremos, de momento, con exercicios de repaso destes conceptos. Da páxina de tarefas que incorporo facede solo os exercicios do 1 ao 5. Copiádeos na libreta e ide resolvendo un a un.
 




Para axudarvos na resolución, ademais do libro, podedes usar recursos dixitais. Pinchade enriba da palabra  enlace   
 e, logo, enriba de ANAYA e buscade o tema 8, e dentro del as Magnitudes proporcionais e a Redución á unidade. Veñen moitas explicacións, actividades e xogos dixitais para aprender e repasar de forma divertida.
Tamén podedes facer as actividades de temas anteriores e así refrescades a vosa memoria.

* 4.- FOLLA DE CÁLCULO: Que un adulto vola corrixa. Logo podedes seguir practicando facendo as Follas de calculo que mandei ao longo do curso. Claro, facédeas sen mirar e, logo, autocorrexilas.
Fundamental, repasade as táboas de multiplicar.

Este tema entrará para a 3ª Avaliación, pero quedan moitos conceptos por explicar antes de rematalo.
TRABALLADE SEGUINDO O HORARIO DE CLASE, PRESTANDO ATENCIÓN. 

28 marzo 2020

PROPOSTAS DE LENGUA CASTELLANA (30 MARZO-10 ABRIL)

TEMA 7
*1.- Repasamos que está completamente explicado.

TEMA 8
*2.- Os exercicios das páxinas 128 e 129 que mandamos facer anteriormente correxirémolos á volta. Repasade preposicións e conxuncións.

*3.- Os exercios de ortografía (B, V) penso que xa os mandara facer para casa antes do cese das clases. Pero se estivese equivocada facelos: copiar cadros+ 1-6: páxina 126. Estudiade estas normas, hai que sabelas para facer ben a práctica.

*4.- Faremos exercicios das páxinas 130 e 131 (copiamos dous cadros+ exercicios 1-7). Son sobre a formación e definición de substantivos e adxectivos. Son de repaso de 5º, lembrade o que sempre digo na clase: un substantivo se explica con outro substantivo sinónimo; un adxectivo se define con outro adxectivo que signifique o mesmo.
*5.- Á volta, marcaremos un Exame destes dous temas, pero como xa dixen, con tranquilidade. A súa nota é para a 3ª Avaliación. 
*6.- Os contidos destes dous temas podedes repasalos interactuando con actividades dixitais. Pincha aquí.  
Ao aparecer na pantalla o recurso dixital pinchade na Editorial Anaya e seleccionade os temas 7 e 8 que vos propoñen xogos sobre os contidos dos temas.
Tamén podedes interactuar cos contidos dos outros temas, así repasades.
TRABALLADE BEN E TODOS OS DÍAS, SEGUINDO O HORARIO DE CLASE!

PROPOSTAS GALEGO 6º (30 MARZO-10 ABRIL)

TEMA 7
*1.- Repasamos que está completamente explicado.
* Repasamos a conxugación do verbo PARTIR


TEMA 8

*2.- Repasamos o  Estilo Indirecto xa explicado.

*3.- Os exercicios das páxinas 127, 130 e 131, que mandamos facer anteriormente, correxirémolos á volta.
*4.-  Faremos os exercicios das páxinas 128 e 129: copiaremos os dous cadros + exercicios 2 e 4. 
Son sobre a VOZ ACTIVA E PASIVA. Veñen a ser de repaso porque foron explicadas LINGUA CASTELÁ.

*5.- Facemos exercicios da páxina 126: 1-4 (Vocabulario "No aire")

*6.- Facemos actividades de repaso da páxina 136:  exercicios 1-3.

Á volta, marcaremos un Exame destes dous temas, pero como xa dixen, con tranquilidade. A súa nota é para a 3ª Avaliación. 

*7.- Os contidos destes dous temas podedelos repasar interactuando con actividades dixitais.
Deixovos o enlace. Preme Aquí

MOITO ÁNIMO E A TRABALLAR SEGUINDO O HORARIO DA CLASE! 

PROPOSTAS NATURAIS 6º (30 MARZO-10 ABRIL)

TEMA: A NUTRICIÓN 
*1.- Repasamos o tema que xa esta explicado. Á volta, logo de correxir as actividades pendentes (páxinas 56 e 57) marcaremos un Exame que contará para a 3ª Avaliación
Ao final da entrada incorporarei a Autocorrección das 6 Fichas que tendes pegadas nas vosas libretas. Fixádeos ben, non deixedes ningun dato mal correxido e repasade a información.

*2.-Para que vos axude no repaso do tema incorporo un enlace para interactuar con actividades dixitais e afianzar os contidos: pincha enriba da palabra Nutrición: 
-Identifica as partes do aparato respiratorio
-Identifica as partes do corazón
-Completa as frases I
-Completa as frases II
-Organización da información
-Test  de Avaliación da Unidade
E, se queres facelo voluntariamente:
- Como construir un modelo de pulmón

*3.- INVESTIGACIÓN CORONAVIRUS (que afecta ao  aparato respiratorio), seguindo este modelo:

-TÍTULO: "O CORONAVIRUS"
-QUE É:
- CALES SON AS SÚAS CARACTERÍSTICAS:
- DEBUXÁMOLO:
 -COMO SE TRANSMITE:
-CALES SON OS SEUS SÍNTOMAS:
-CAL É O PAÍS DO MUNDO ONDE APARECEU:
-CITA PAÍSES AFECTADOS:
-INCIDENCIA EN ESPAÑA (contaxiados e mortos):
-INCIDENCIA EN GALICIA (contaxiados e mortos):
-CITA MEDIDAS LEVADAS A CABO PARA LOITAR CONTRA EL:
  Debemos facer o Traballo nunha folla da libreta, onde non haxa outras actividades. Coida a presentación, faino a bolígrafo e co debuxo pintado. Contará para a 3ª Avaliación.
 
* 4.- TRABALLO DE INVESTIGACIÓN que contará para a 3ª Avaliación. 
 Na libreta, nunha folla aparte, a bolígrafo, escribe un resumo en forma de cadro sinóptico, como os feitos na clase, onde indiques o nome da enfermidade, a que aparato afecta, cales son os seus síntomas, como se pode curar... da información que atopates sobre unha destas enfermidades. Tes entre 21 distintas para escoller:

Bueno, tendes dúas semanas para facer estas actividades. Creo que son interesantes e vos axudarán a mellorar as vosas competencias: Búsqueda de información, selección do máis importante, presentación de forma ordenada e clara, sen tachóns ou borróns, con boa letra e sen faltas de ortografía.
SEGUIDE O HORARIO DE CLASE.
A TRABALLAR CON GANAS!