Continuamos co noso Proxecto,
e hoxe tocounos unha sesión de cine moi especial.
A nosa compañeira Ángela conseguiu un aparello moi raro e que ademais proxectaba películas de debuxos animados, así que, mans a obra!!!
Gustounos moitísimo!!! E aprendemos como serían os inicios do Cine Mudo (incluído o ruído do proxector).
Logo continuamos co xenio do Cine Mudo: CHAPLIN. Anosa compañeira Paula compartiu un agasallo da súa avoa....Nada menos que unha extraordinaria recopilación de cortos de Chaplin.
Así que continuamos coa sesión de Cine Mudo.
Este foi o corto que vimos e que produciunos moitas risas....e iso que fai polo menos 100 anos que foran gravados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario