15 abril 2016

Visita de Marcos Calveiro

O pasado xoves tivemos a visita de Marcos Calveiro, o autor de 
"PALABRAS DE AUGA", o libro que limos @s nen@s de 5º e 6º. 
Nesa visita contounos todos os segredos de como escribiu o libro. Resultounos moi interesante e resolveu as nosas dúsbidas.

 O xamán Mkebe ordenou a todos os membros do clan dos Wakati da tribo dos Kimba que abandonasen o país Lomba coa esperanza de atopar unha terra mellor con auga abondosa. Dende entón, homes e mulleres camiñan, baixo un sol abrasador, a sabana poeirenta sen saber que lles pode deparar o futuro. Amadou aprenderá da súa nai a colleitar o alimento agochado nos formigueiros, mais tamén, como afouto guerreiro, haberá de se enfrontar axiña cos perigos da caza e da procura de Numba, o seu irmán maior, desaparecido no campamento dos nenos soldado.

Algunhas das súas obras



vlob

No hay comentarios:

Publicar un comentario