09 junio 2016

Visita IES FLORIANI - Concello de Redondela

Hoxe @s nen@s de 6º de Primaria fomos de visita ao IES Pedro Floriani para coñecer o noso vindeiro centro educativo. Estivemos acompañados pol@s compañeir@s do colexio de Reboreda e pol@s exalumn@s do Ceip de Porto Cabeiro. Fixemos un percorrido polas distintas instalacións do instituto e explicáronnos as normas de funcionamiento.

Logo, fomos ao Concello, onde recibíronnos o noso alcalde, Javier Bas e Mª Teresa Paris. Estivemos na sala de plenos onde conversamos co alcalde.

No hay comentarios:

Publicar un comentario